miércoles, 31 de octubre de 2012

Treme tab - e máis

Ei xente aí vai a estrutura de Treme, segundo a versión enteira do tema que podedes escoitar aquí.  O papeliño este xa está subido no site. Non están indicadas todas as florituras das guitarras e o piano, que é o que lle dá gracia ao tema, pero iso xa o iremos aquelando con Luís na clase, a que si? :) De momento polo menos MARINA que vaia tomando nota, jeje
E deixo aquí unha lista das propostas que se foron colgando ou falando polo momento, polos menos das que eu saiba e das que me acordo, para ir recompilando... O sábado tentarei levalas todas ou as que poida nun cd por se queremos ir escoitando e escollendo algunha. 


- SLEEP WALK (Santo & Jhonny) | Luiggi - tab aquí
- TREME (John Butté) | Pi 
- FILLOA (Terbutalina) | Pi & Antón
- DON'T THINK TWICE IT'S ALLRIGHT (B. Dylan en plan bluegrass) | Edu
- DADDY'S GONNA GO TO KNOXVILLE (M. Knopfler) | Alfredo
- PLEASE READ THE LETTER (R. Plant e A. Krowe) | Alfredo
- I NEED YOUR LOVE SO BAD (Peter Green) | Alfredo & Puscas
- TRAFFIC IN THE SKY (Jack Johnson) | Antón
- AMERICAN GIRL (Tom Petty) | Edu
- ROMEO'S TUNE (Steve Forbert) | Edu
- LO SIENTO FRANK (Ariel Rot) | Antón
- CONFESIONES DE UN COMEDOR DE PIZZA (Ariel Rot) | Antón
- STILL DRUNK, STILL CRAZY, STILL BLUE (S. H. Biram) | Pablo
- THERE'S GONNA BE SOME ROCKING (ACDC) | Xesús
- HELP THE POOR (E. Clapton & B.B. King) | Xesús
- ANOTHER BRICK IN THE WALL (Pink Floyd) | Antón
- NO JODAN LA MARRANA (El Kanka) | Pi
- HAY UN AMIGO EN MÍ (Randy Newman) | Marina

Como despedida filosófica vai o vídeo da do Kanka, 'No jodan la marrana', que aínda non colgara, moi coñón e cunha guitarra penso que curiosa, Luís dirá. O tipo tocou o outro día na de peter e estivo bastante guai. Esta igual lle mola cantala a Alfredo e/ou Catuxa ou? SAÚDE PA TODOS!!



P.D. Non hai premio ou algo para os post máis longos? porque o levo eu fijo vaia

No hay comentarios:

Publicar un comentario