Ola xente!
Deixo aquí e detalle da organización do curso deste ano segundo o falado o pasado sábado na clase. Aí van os grupos e horarios, polo menos para as primeiras semanas, se despois non nos convence sempre podemos repensalo.
10:00 - 11:00 >> Grupo NENOS (Jonathan, Ariadna, Diego, María, Facundo, a sobriña de Tino...)
11:00 - 12:30 >> Grupo PURETILLAS (Tino, Pablo Litos, Puscas, Fran, Edu, Alfredo, Balta e cia, Pi, Marcos?, Xesús? Pablo Limiñón?...)
12:30 - 14:00 >> Grupo CHAVALADA (Eloy, Joan, Isaac, Antón, Marina, Catuxa, Rita, Carmen, Pablo...)
Xa digo que isto non é fixo nin inamomible nin nada diso. Cada un que se acople ao grupo que mellor lle veña por horario, ou ao que máis lle mole, ou aos dous, ou que vaia probando. Eu, por exemplo, seguramente vaia bailando dependendo do día.
A idea é facer dous grupos porque somos demasiado para un só grupo, e en vez de separarnos por 'niveis' pensamos en facelo por 'afinidades/idade'. Puxen en interrogantes o caso da xente que non veu o sábado e que non sei o que preferirá.
Os prezos mantéñense como o ano pasado:
- 25 euros / mes para maiores de 16 anos
- 20 euros / mes para 16 ou menos
- 15 euros para o grupo dos nenos
*Desconto de 5 euros por cabeza para familias
E o dito, as clases comezan este sábado, 13 de outubro, nos horarios indicados arriba. Vémonos alí, a pasalo ben!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario