lunes, 15 de octubre de 2012

O sábado 20 a clase é en ANS

Ola xente. Aquí Pilar. Tal e como falamos, recordade que o vindeiro sábado, 20 de outubro, non podemos dar a clase en Tabeiao porque o local está ocupado polas eleccións, así que ese día trasladarémonos ao local social de Ans, que está xusto enriba do local de ensaio, no parque de Ans.
Aí vai un mapiña para os que non saiban onde queda iso...

Ver Parque de Ans - Carral en un mapa más grande

Basicamente pódese acceder directamente desde a N-550 pola pistiña esa, aínda que non é moi recomendable, ou meténdose pola carpintería Medeira e bordeando todo o Casal. Se non dades chegado, chamádeme que vos explico.

O sábado seguinte, 27 outubro, volvemos ao noso Tabeiao natural.
Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario