Historia

Mil e Pico Guitarras é o curso de guitarra que organiza cada ano a Asociación Xuvenil Mil e Pico, en Carral (A Coruña) e que imparte o bluesman coruñés Luís Tinaquero.

As clases comezaron no curso 2005-2006 na sede da Mil e Pico, situada no Campo da Feira de Carral. Desde entón, o número de alumnos e o espírito do curso foron medrando até formar unha amigable comunidade de amantes da música, con máis de 20 persoas inscritas cada ano.

O curso adoita dividirse en dous grupos de alumnos: iniciación (linguaxe musical, notas e ritmo, lectura de tablaturas, acordes, etc.) e perfeccionamento (formación de acordes, harmonía, escalas e graos, arpexios, etc.). Ademais da teoría, as clases inclúen a preparación dun repertorio en conxunto que se vai enriquecendo cada ano e que se pode consultar na sección 'Cancións'. 

A modo de exercicio, cada ano o curso péchase cun concerto en público no que os alumnos interpretan o repertorio practicado durante as clases. *A modo de foliada, todos os anos organizamos tamén unha (como mínimo) churrascada musical ;)

Luigi
Luis Rodríguez Tinaquero (aka 'Slim Slide Louis' ou 'Luigi') é un virtuoso guitarrista coruñés apaixonado do blues. Desde 1992 forma parte do grupo de blues tradicional Miki Nervio & The Bluesmakers, unha das bandas pioneiras do xénero en Galicia. Tamén é o guitarrista de Carlos Childe Troupe, ademais de ter participado noutras formacións e proxectos. 
O slide e o fingerpicking son as súas especialidades


Carteis históricos

2012-2013

2011-2012

2010-2011

2009-2010

2008-2009

2007-2008
2006-2007

???

2006

???


No hay comentarios:

Publicar un comentario