miércoles, 29 de diciembre de 2010

PROPOSTA CONERA ( DO CONE )

*Minor Swing (aproximación, nin de coña facer todalas caralladas que fan os artistas desas cousas pero si unha aproximación máis ou menos digna, asegún lle pareza a Luis que é o que manda)
*I See You In My Dreams (o mesmo, aproximación que non somos o Chet Atkins, pero darlle o noso xeito que carallo...)
*I Shot The Sherif (pois iso, a modo de swing que é o noso, e ademais descansaremos de todalas trosmadas anteriores)
Outra alternativa que me indican dende a casa é Maggie Mae, versión española MClan, tá bieeenn...

Feliciano 2011!!!

Pois iso. E para empezar con forza, nada mellor que este divertido tema.

A traballar!

viernes, 17 de diciembre de 2010

Mañá non hai clase... até o ano!!

O ollo do noso querido Luís segue dándolle a lata, así que sentíndoo moito temos que suspender a clase de mañá. Así, se non hai novidade, a próxima clase será xa no 2011, o día 8 de xaneiro.
Mentres tanto, a seguir practicando!
E recordade que quedamos en cada un de nós propoña unha canción para o repertorio. Eu aínda non teño decicida a miña, pensareino estes días, pero xa aviso de que secundo 100% a idea de Joan: un pouco de grunge maloliente sempre está ben... aí vai o vídeo do tema


Falámonos, escríbomonos e eso... pero de todos os xeitos boas festas!!

viernes, 26 de noviembre de 2010

Aviso urxente.

Xente guitarrista (bueno, e baixista), por motivos de saúde non vou poder ir mañá a clase.
Por outra banda, podedes/debedes asistir a unha masterclass interesante e de balde no seguinte enlace. http://locaisdensaio.blogspot.com/2010/11/masterclass-guitarra-electrica.html Creo que aínda hai prazas.
Vémonos a vindeira semana.
Saúde!

viernes, 12 de noviembre de 2010

O Sister!

Viña no coche escoitando Radio 3 -oh, gran radio tres!-. Botaban 'melodías bizarras', un programa moi curioso de música curiosa. Hoxe tiñan en directo no estudio a un grupo de dixie, swing, jazz vocal e rollo anos 30, moi milepiquero: O Sister! Fun á web e ao seu myspace e din con varios vídeos. Entre eles o do noso querido 'it don't mean a thing'. Mirade que chulo


Vémonos mañá!

martes, 9 de noviembre de 2010

Hoxe: Reunión sobre a Mil e Pico

Rapaces, esta tarde-noite vai haber unha reunión aberta sobre o futuro da asociación Mil e Pico. Como sabedes, a Mil e Pico leva bastante tempo algo parada (entre outras cousas pola decisión unilateral do cura de cortar a luz do local...) e precisa de xente e ideas novas para desantracarse. Así que se tedes algo que achegar ou se vos apetece participar nunha nova fase da asociación, non faltedes. Estades todos convidados
A reunión é hoxe, xoves 11 de novembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura (sala de audiovisuais)
Vémonos!

sábado, 23 de octubre de 2010

...Boas noites, nada que vos deixo un enlace ( aver se me ensinou ben Pi) canto menos curioso, ollo porq ten un enlace a outro blogue: El Baul de Botafogo---Discazos online, onde podedes escoitar moi boa música (discos enteiros ollo, aínda que só se vexan 4 ou 5 cancións)
http://elgurudelarroyo.blogspot.com/2009/01/la-escala-mixolidia-y-el-blues.html

Hala, a rañala!!!
saúde,
coné

viernes, 22 de octubre de 2010

Billies Bounce

Hola a todos. Despois de superar os pesadelos producidos polo video de Ramoncín (graciñas PI), que tal unha de Charlie Parker?

Novo videoclip de Zënzar gravado no Lume e Ferro

E non vai ser todo de fóra! Aí vai o novo videoclip de Zënzar, a versión bossa do tema 'Tiven un bar', gravado no Lume e Ferro e protagonizado polo mismísimo Peter



domingo, 17 de octubre de 2010

KURT XA TEN SUCESOR.

Amigos.
Botádelle un ollo a este número da revista "ROLLING STONE"..........




http://www.rollingstone.es/noticias/view/ramoncin-destroza-come-as-you-are-de-nirvana


Penso que despois do solo de guitarra o sucesor de Kurt arranca o estribillo cantando na escala "ISOLINA"..¿Non vos parece ?..

[EDITA PI]
Aí vai o vídeo do crime


E o da confesión



lunes, 11 de octubre de 2010

...Co permiso de Puskas, poño aqui o sitio onde tedes unha serie de información que imos metendo entre todos/as, o lugar é:

https://sites.google.com/site/milepicoguitarra/

o coné

(EDITA PI) E co permiso de todos, edito a entrada do Coné para aclarar como se suben e baixan os arquivos, aínda que é ben doado:
- Para descargalos, non hai máis que darlle ao enlace que pon "descargar" debaixo de cada fichero
- Para subilos, primeiro hai que darlle a onde pon "acceder" no fondo da páxina, abaixo de todo. Logo diso preguntaravos de novo con que conta (correo electrónico) e contrasinal queredes acceder, e se todo vai ben chegaredes de novo á paxina de almacenamento de arquivo, só que agora xa veredes o botón "añadir archivo". E iso, pois iso. Engadides o arquivo
Deica mañá

viernes, 8 de octubre de 2010

Honey Pie en Guitar Pro

Teño listo o Honey Pie en Guitar Pro, mais non se pode colgar aquí... ¿qué fago? ¡Axuda, saksuP!

jueves, 7 de octubre de 2010

Videos youtube

Desfrutade dos vídeos

Ola xente!!Como andamos?? Non sei si sabiades que hai uns cantos videos en Youtube do concerto.Bueno deixovos con The monsters.BkÑs Catuu

miércoles, 6 de octubre de 2010

HONEY PIE . 1ª PROPOSTA

Hi. Nenos . Primeira proposta. Pásovos os enlaces onde deixei os arquivos da canción coa versión de Tuck Andress& Patti Cathcart, un midi e estructura da cancion orixinal dos Beatles.

https://sites.google.com/site/milepicoguitarra/home/honeypie.doc?attredirects=0&d=1

https://sites.google.com/site/milepicoguitarra/home/HoneyPie.mid?attredirects=0&d=1

https://sites.google.com/site/milepicoguitarra/home/TuckandPatti-LoveWarriors-HoneyPie.mp3?attredirects=0&d=1

Xa me diredes si vai a diante ou se queda no camiño. Por certo no Blog só se poden colgar fotos ou videos así que si queredes subir outro tipo de arquivos creei un sitio onde se poden deixar ( son só 100Mb ...)

lunes, 4 de octubre de 2010

A TOPE CON BooM BooM !!!

Boas! deixo aquí unha foto. Xa vexo que isto empeza
a marchar.Bueno un biquiño.(proba catu)

domingo, 3 de octubre de 2010