lunes, 30 de diciembre de 2013

DESCULPAS XEFE...

Que non é por amolar, perdoa Luigi...
Ímos ver, estiven dándolle voltas ao Sweet Lorraine, non moitas para non parecer o Mary Allen Carter Puskas, e parece que está nun Sol sexta (G6 para os finolis), o do Robert Crumb & His Cheap Suit Serenaders, e a intro semella ser dunha bandurria desas coma do Xefe, non si?...

 
 
E dúas posibilidades que se poden barallar, con todos os respectos:
 
The Beatles, I Saw Her StandingThere  (versión Bluseira, aínda que ao que canta habería que mándalo ao gulag ou a picar pedra cos dentes aos Urais, mais fixadevos no vello da guitarra de atrás, ten mérito o tipiño)
 
 
 
 
 
Dark End Of The Street - Flying Burrito Brothers  
 
 
 
Ou tamén acó:
 


viernes, 27 de diciembre de 2013

Vacacións

Durante o Nadal paramos o curso 15 días, non haberá clase nin o sábado 28 nin o sábado 4, volvemos o día 11. A desfrutar dos Reis!

domingo, 15 de diciembre de 2013

A quen lle apeteza...

Ben, deixo esta cancionciña que moito me anda na cabeza, chámase Sweet Lorraine e escoiteina nunha peli, non sei se sería Stardust (ou algo así), está no repertorio de Robert Crumb e amighos, mais a que deixo colgada é outra que me apetecía aghora, chamádeme raro...
A estructura é:

Intro + A  A  B  A   Disque orixinalmente está no ton de F maior con modulación de Bb maior. Vaia vostede a saber que demos é íso!!!

Por certo, tablatura agochada, veña a ver quen é o ghuapo ou ghuapa que a baixa...

domingo, 8 de diciembre de 2013

CLASE 7/12/2013 " TINOS EDITION"

Ola .
         Colgo a foto do " IT'S A SIN TO TELL.." do sábado cos acordes de 6ª y a progresión 6ª / 7ª na parte de C6 a A7.  Tamén deixo na seccion arquivos un PDF coa TAB da primeira parte de JESSICA. Está sin revisar por MR Tinaquero, pero creo que non variará moito. O TAB esta hasta que empeza o solo de Piano. Esta copiado da trascripcion de un sueco y xa se sabe que esa xente e moi rigurosa...

Saúde.


viernes, 6 de diciembre de 2013

Tom Waits e Ataque Escampe

Ei guitarristas aí van os dous temiñas dos que vos falei o outro día, os dous preciosos ao meu entender e sentir:

TOM WAITS - Ol' 55


Aquí igual molaba convertir o piano nunha guitarra curiosa, ou a falta de Marina se cadra anímase Puscas

ATAQUE ESCAMPE - A Vitoria


Nesta vai haber que orellear, seica está en Mi

A ver se vos molan. Saúdos, ata mañá!
Pi


jueves, 28 de noviembre de 2013

SABADO 30 PAPEO

Ei amigos.

      Este Sábado dia 30 acordamos xantar despois da clase. Intentarei confirmar con aqueles que non contactei para ver os que vamos. podedes poñer en comentarios mentras...

      Aproveito o post para colocar unha proposta que creo que Edu comentou algunha vez. Trátase de "Sporting Life Blues" . Hai unha versión de JJ CALE y Clapton en "Road to escondido" que lle da marxe a fozar na armónica ou na trompeta si se anima "jefapi". JJ morreu este ano i é boa oportunidade para incorporalo no repertorio. Tamén "Call me the Breeze" podía estar ben Os Lynyrd Skynyrd deronlle moita briza.......







sábado, 9 de noviembre de 2013

E N C H E R O L A D A ...

Ben, acó estou intentando "interiorizar" o Jessica, o It´s A Sin To Tell A Lie, e máis outra que atopei polo camiño que se chama ANJI e que pasaba por alí...
Unha cousiña, pra o da encherola, dicir que o Jose (pai de Eloi) dixérame que o neno estará aqui pola ponte do 6 de decembro. E digo eu, podemos agardar ao sabadiño 7 de decembro? ou como o vedes...
Hala, saúde
coné

FOTOS DA CLASE DO 9/11/2013

Ola peña..Pego as fotos de clase


JESSICA                              

IT'S A SIN TO TELL A LIE
 AIN'T GONNA GIVE..

viernes, 1 de noviembre de 2013

lunes, 28 de octubre de 2013

FOTOS DA CLASE DO SABADO 26 DE OUTUBRO 2013

No menu arquivos deixei as fotos da pizarra da clase do sábado pasado, tanto as de "Puriles" co tema Slide Open G,  como da clase dos "cracks" con un Blues clásico para facer  fingerpicking y  arpegios en E A e B7 para improvisar.


SLIDE OPEN G


OPEN G PARTES G e C
PARTE DE D

TURNAROUND


BLUES FINGERPICKING E ARPEGIOS
ARPEGIOS E FINGERPICKING


KEY TO THE HIGHWAY


BLUES EN A E ARPEGIOS 

domingo, 20 de octubre de 2013

Cambio nos horarios

Ola a todos. Tal e como falamos o sábado, aí van os horarios definitivos (bueno, todo o definitivas que son as cousas aquí, jeje) despois de intercambiar o grupo das 12:30 polo das 11:00:


10:00 a 11:00 - GRUPOS NENOS (simultáneos)Grupo A - Nerea, Araceli, Diego, Andrea, Borja, Jonathan, Ariadna
Grupo B - Carla, Facundo, Nerea, Raúl, Laura, Begoña (nova)

11:00 a 12:30 - GRUPO MAIORESPi, Puscas, Carlos, Xesús, Edu, Alfredo, Fran, Tino, Balta, Litos

12:30 a 14:00 - GRUPO MEDIANOSRita, Martín (novo?), Joan, Isaac, Catu, Pi, Peter

martes, 8 de octubre de 2013

Proposta para cambio de mestre


Votos a favor?

Antón

HORARIOS E GRUPOS

Boas xente!
Segundo o falado o sábado entre todos, así quedan, polo menos de momento, os grupos e horarios para este ano.

10:00 a 11:00 - GRUPOS NENOS (simultáneos)
Grupo A - Nerea, Araceli, Diego, Andrea, Borja, Jonathan, Ariadna
Grupo B - Carla, Facundo, Nerea, Raúl, Laura, Helena (nova)

11:00 a 12:30 - GRUPO MEDIANOS
Rita, Martín (novo?), Joan, Isaac, Catu, Pi

12:30 a 14:00 - GRUPO MAIORES
Pi, Puscas, Carlos, Xesús, Edu, Alfredo, Fran, Tino, Balta, Litos

Como vedes queda moito sitio no grupo das 11, molaría reclutar alguén. Se houbera xente para iniciación habería que facer outro grupo... bueno, sempre estamos a tempo de cambiar, de momento arrancamos así.

Os prezos seguen igual có ano pasado:
- 15 euros para nenos de até 12 anos
- 20 euros para rapaces de até 16 anos
- 25 euros para maiores de 16
* 5 euros de desconto en cada cota para familias

Recordade que, tamén segundo o falado, o vindeiro día 12 non hai clase pois é festivo. Comezamos o sábado 19 de outubro, vémonos!!


jueves, 26 de septiembre de 2013

Cooooomezamos!!

Moi boas xente!
Xa estamos en setembro, de volta cos curres, as chapatorias, as rutinas... Todo lo bueno se acaba, snif!
Menos mal que aínda nos queda o noso remanso musical de todos os sábados jeje

Pois iso, que despois de falar co xefe decidimos comezar o próximo 5 de outubro. Polo menos ese día faremos a presentación, organizaremos os grupos, etc. en función da xente que se vaia apuntar e todo iso. Así que ídeo comentando por aí e ide avisando de quen segue, quen para, quen entra de novo, etc.

En principio este ano se houbera tantos nenos como o ano pasado fariamos dous grupos de nenos e un de maiores, pero todo depende... As cotas en principio tamén serán as mesmas (15 euros para nenos, 25 para adultos, descontos para familias)

Vémonos logo o día 5, saúdos para todos!!

jueves, 12 de septiembre de 2013

COUSAS DE RASTRILLO...

Xenial ese disco Chefe Luigi Dedos Grandes , non entendín ben ao agregado comercial que deixou un comentario despois do de Alfredo no anterior asunto...
Déixovos reportaxe da presentación do disco dos esqueletes (mirade a última, mesmo arrimouse o vello Compai Segundo a botar uns bluses)
E máis abaixo proposta, xa de arranque do próximo curso...






E unha coñita que me soltaron hai uns días...


Hala, a pasalo ben. 



miércoles, 4 de septiembre de 2013

Un pouco de radio... Pero Blues, eh!

http://blancoynegro.podomatic.com/entry/2013-09-03T15_31_11-07_00

Programa presentado e dirixido polo amigo Eugenio Moirón, da Sociedade de Blues de Madrid... e mira ti que casualidade que fala do último disco dos Miki Nervio.
Saúde.

viernes, 16 de agosto de 2013

martes, 30 de julio de 2013


Canto arte atopamos pola ruas, por sorte pra nos.....pero que os vou contar....O dos punteos chámase Juan Caldarado e a verdade, o blues non é do que millor se lle da, aínda que non o pareza. Saúde....

domingo, 28 de julio de 2013

Éche boa desgraza iso de ir enterrando músicos que foron tipos grandes nisto do R&R,  o Blues, o R&B, ou iso tan ambigüo como o Pop; e aló vai outro, o grande JJ CALE, este a min me tiña algo especial, algo coma isto que aquí vos deixo. Que a terra lle sexa leve...

viernes, 26 de julio de 2013

A RALLADA DO STING...

Adicada a Puskas aínda que a dicir verdade, debría adicarlla a Pi que cré máis nesta copliña. Tamén a poño acó por se alguén sabe tocar tal instrumento me explique como carallo se toca a parte de arriba, fan falla as mans dun de Bilbao, un bo pelotari ou alguén que reparta hostias coma pans de Carral.
 
A ver Puskas, cantoa "ainous" van?
 

miércoles, 24 de julio de 2013

QUE ESCOITAMOS OS QUE MOVEMOS PAPEIS E MÁIS PAPEIS NESTES TEMPOS DE INCERTIDUME...

Hoxe deixovos esta referencia bailabel, ao final sempre volvo aso clásicos. Que queredes, é a vellés... 

Bué, veña vasi outro...


HALA A DESFRUTAR DO VERÁN CORUÑÉS E CASCARILLEIRO, máximas de 18 graos e un ventarrón da hostia e sobre todo ben nubento...
saúde,
coné

miércoles, 17 de julio de 2013

QUE ESCOITAMOS OS QUE ESTAMOS MOVENDO PAPEIS DUN LADO PRA OUTRO...

Pra que a música non pare, estou escoitando todo o que atopo de Sarah Lee Guthrie, non sei se é que lle ven de familia pero góstame bastante, pra mostra un botón disque...
O marido, que é o peisaniño que sae aí con ela, chámase Johnny Irion




En fin, que teñades bo día de praia e isas cousas...

lunes, 8 de julio de 2013

Quero ser unha filloa na feira de Carral [sic]

Aí vai o vídeo da Filloa. E plan destroy, aviso.



Pa un tema punqui había que facer un vídeo punqui non?

domingo, 7 de julio de 2013

NON PECHAMOS POLO VRAO...

Como seica que estamos no vrao e pode ser que se quede sen folgos este blogue, imos a meterlle algo de marcha. Dicía Castelao:"...ollade os cruceiros e bebede das fontes que atopedes no camino".
Pois ben, bebamos das fontes acó vos deixo una boa...


E esta outra non está tampouco de máis, calquera día destes vemos ao Luigi ao ladiño do mesmísimo Dicky Betts...

lunes, 1 de julio de 2013

AGGG, PI FALA RARO!!!

Querida Pi dende o cariño cho digo:


Faino mirar. Que se "clavelitos", agora "bravo por la música". Temos que mirarlle todos na caluga ha ver se ten una ferida como naquela peli dos alieníxenas invasores que duplicaban aos humanos cunhas vainas ( A invasión dos ladróns de corpos)...

A parte disto, e desculpa a brincadeira querida amiga, van fotos fresquiñas de pola mañán do camarada Xose e a súa inseparabel cámara de gardar imaxes inesquecibeis..Hai tamén videos pero pesan un montonazo, así que pasareillas a Puskas e que dispoña coma ben queira, mesmo pode xuntalas coas outras que xa lle pasou Xose. Hai moitas máis...





.

 

domingo, 30 de junio de 2013

Bravo por la música!!

Ola a todos!! Acabamos de chegar á casa despois desta xornada marabillosa e feliz e só quería darvos as grazas a todos por ser tan guais e por compartirmos todos xuntos todos estes anos de música e bo rollo. Así é moi fácil ser feliz, grazas a todos, a Luís e sobre todo aos chavales e aos pais e nais que estades detrás de todo isto, joder, é un orgullo formar parte disto. Un bico enorme para todos, BRAVO POR LA MÚSICA!!!

martes, 25 de junio de 2013

Concerto e caralladas FIN DE CURSO

Ola!! Aquí Pi outra vez monopolizando o blog.
A ver, déixovos por aquí o carteliño que acabo de montar con algunha das artistadas que preparou o Coné, que debuxa case tan ben como toca!! E ollo que aquí non está todo, temos gardados no caixón uns gravados que parecen nin máis nin menos que de Castelao ou Goya, pero con temática sureña, xa veredes xa...
Hoxe vou ir ata Carral e imprimirei e pegarei algúns por aí, se alguén quere copias que me avise e déixollas onde me digades.



Máis cousas: finalmente acordamos que o domingo despois da actuación na feira iremos todos a comer á bodega O ALPRENDE. Xa está apalabrado con eles o tema (raxo, tortilla, calamares, empanada, orella, etc., os cartos non sei seguro aínda pero serán poucos, que algo de bote xa hai) , pero estaría ben ir afinando cantos imos ser o máximo posible, así que ide pensando quen queda a comer e cantos veñen de cada casa e dicídemo o sábado, etc porque eu quedei cos taberneiros en darlles os detalles máis pechadiños o sábado ao mediodía.

Para liquidarmos tamén o tema das contas, que xa me saen polas orellas (o ano que vén, e desta vez si, retírome disto, xa aviso...), se non anotei mal, que igual si, quedan as seguintes cotas pendentes: Rita (2 cotas), Joan (2 cotas), Eloy (1 cota), Isaac (2 cotas), Tino e fla (1 cota), Edu (1 cota), Carlos e fla. (1 cota) e dos nenos: Laura con 3 (?), Andrea con 2 e Borja, Nerea&Araceli e Nerea&Raúl con 1 cada un.

Ala xa está, vémonos o sábado para acabar de ensaiar o do domingo. Isto é un no parar chico!

p.d. coma sempre haberá algunha caralladiña para todos, este ano de nivel eh :)

OS APUNTES DE FRAN

Este é un enlace a os apuntes de fran das cancions de este ano.

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxtaWxlcGljb2d1aXRhcnJhfGd4OjM4YmRhODM2ZDk4ZDI5NDc

lunes, 17 de junio de 2013

Vídeos do concerto

Ei guitarristas, xa subimos ao llutubo algúns temiñas do concerto de Fununcan do sábado. Non teño nada da ilustre actuación do curso de guitarra nin da ilustrísima actuación de JoanDoMe, pero seguro que algún pai, nai, amigo, musa, muso, etc gravou algo. Se é así que avise e colgamos por aquí, claro
Alaaa


martes, 11 de junio de 2013

Os temiñas para o mil e pico troulas

Ei xente aí van os temiñas que falamos de tocar o sábado.

ACROSS THE UNIVERSE
Estrofa1
D/Bm            F#m            Em            A7 +1
D/Bm            F#m            Em/Gm     Gm -2
Estrofa2
D/Bm            F#m            Em            A7
D/Bm            F#m            Em            A7 +1
Estrofa3
D/Bm            F#m            Em/Gm      Gm -2
D/Bm            F#m            Em            A7
Estribillo
D      D      A      A      A
G      D      A      Asus A
G      D
Final
D x8
Estrutura
Estrofa1 - Estribillo - Estrofa2 - Estribillo - Estrofa3 - Estribillo - Final

WONDERWALL
Facémola en D, aquí vai para tocala con cejilla
Parte A
Em      G      D      A
C        %      D      A
Parte B
C      D      Em      %
C      D      Em      %
C      D      G/F#   E/G
Parte C
C      Em    G      Em   :|
Estrutura
INTRO - A - A - B - C (break) A - B - C - C -C

LAZY SONG
Parte A
B      F#      E      %
B      F#      E      %
B      D#     E      %
B      F#      E      %
Parte B
C#m   D#m   E   F#m
Parte C
C#m   D#m     x3
G#m
Estrutura
A - A - B - A - A - B - C - C - A - A

JE VEUX
Intro
Dm      Dm/A#C
Parte A (estrofa)
Dm      %      C      %
A#       A
Ponte
A#      %      C      %
Parte B (estribillo)
Dm      A#      C      A
A#       Gm     A      %
Estrutura
Intro - A - Ponte - B - A - Ponte - B - Intro (Solo) - B - B - Intro

STOP BREAKING DOWN
Un blues en La de toda la vida, pero sen turnaround, cuidadín
A7      %        %        %
A7      %        D7       %
A7      E7       D7       A7


martes, 28 de mayo de 2013

Actuacións fin de curso: 15 e 30 de xuño

Ola a todos! Acabo de falar coa xente da Mil e Pico e xa podemos confirmar que tocaremos no festival do día 15, como falamos o sábado, algúns temiñas en versión reducida. Xa veremos cales e como. E despois iría Joan cos seus temas (e tamén vai tocar Fununcan, por certo!)

Pero o gran concerto de fin de curso será o domingo 30 de xuño pola mañá, aproveitando que hai feira, montamos o noso chiringuito musical.

Ala, saúde para todos e boa semana, vémonos o sábado!

domingo, 26 de mayo de 2013

sábado, 4 de mayo de 2013

Boa tarde de sábado, despois dunha boa rascada de guitarra mañanera.
A ver, o conto titúlase The Folks Who Live On The Hill (ou algo asim) e non hai dios que a quite, Bué dios dios dios tampouco!!! Seina cantar mais non a sei tocar
Algún me pode botar un garfo???
Non podo combidar a garimbasos porque me petou a crise de gholpe. Pero non hai fallo, prometo compartir os antibióticos que me sobren da dor de moas...








 
 
 
ben...Tamén deixo a do vello claxon...
Sintoo, non me podo resistir a poñer este outro, que ao Alfredo vaille gostar  
saúde,
coné

Un par de vídeos

A prometida curta completa 'Deudas como torres'



E un novo videoclip de Fununcan, Finnishterrae, con música gravada en directo en Limiñón con Tuuli e Jouni, os fineses. O vídeo é na miña terra: na Garita da Herbeira, en Cedeira. Hai que presumir!

jueves, 25 de abril de 2013

Deudas como torres - Curta exprés con musiquiña

Ola!
Déixovos por aquí o tráiler e 'Deudas como torres', a curtametraxe western que gravaron os Pánfilos e compañía a finde pasada en Limiñón e á que lle puxemos un pouco de música os fununcanianos.
Había que facelo en 48 horas, mañá proxéctano no Ágora xunto co resto das curtas do concurso, e pola noite na de Peter.


Xa poñerei a curta completa cando a colguen, metimos tamén o banjo da familia Seoane, un xilófono, un teclado...

E para enredar un pouco cos colegas polo ordenador, esta web, para facer jams online!

Ala, vémonos para a semana logo! 
Por certo, que seica a data que barallan os da Mil e Pico para o concerto sería o 15 de xuño, así que a darlle duro!!


Boas.
descubrín esta páxina curiosa pra pasar un rato bon
blues.com.es

martes, 23 de abril de 2013

Deixovos unha canción miña

Co slide e afinación en quintas.

SABADO 27 ABRIL NON HAY CLASE

NAVEGANTES : O VINDEIRO SABADO 27 DE ABRIL NON HAY CLASE POIS O XEFE SUPREMO TEN CONCERTO NO FESTIVAL DE BLUES DE LISBOA.. ATA O SABADO 4 DE MAIO NON  O RETOMAREMOS A ACTIVIDADE.




sábado, 20 de abril de 2013

Boas,
Non me puiden resistir asi que deixovos unha mostra deste grande mestre do bluegras, agardo que vos goste. Xa diredes...
 
 
Un tradicional coma a Saia da Carolina...

Hala a dormir a sesta!!!

saúde,
coné

viernes, 12 de abril de 2013

Jungle Lullaby

Temaso.
Se o subimos un par de tonos e pasamos da parte recitada... ¿Podería valer?

miércoles, 10 de abril de 2013

IMPORTANTE: Mudámonos a Ans!

Pois iso amigos guitarristas. Como vos adiantei a semana pasada, a partir de agora xa non podemos seguir usando o local de Tabeiao para as clases de guitarra, así que hai que mudarse! A partir do próximo sábado 13 de abril as clases serán no local veciñal do Parque de Ans (encima do local de ensaio).
Nos mesmos horarios e todo igual, só cambia o sito. Avisados quedades, vémonos alí!

Puscas, en principio Su quedou en que colliamos as chaves o sábado ás 10 na Casa da Cultura, pero vou falar con Isa a ver se podes pasar a por elas xa o venres, chámote en canto saiba algo.

Avisarei por teléfono aos máis pequerrechos, entendo que o resto xa vos enterades por aquí non? Saúde para todos!

jueves, 4 de abril de 2013

Bué como non me facedes nin caso, e como total vou maior e me podo permitir que me mandedes alí, vou ser un pouco malévolo...


Banana Phone

 
Tom: C

                                        
G6 D7 G6 D7
Cocoropooroo Cocoropooroo
G6 D9 G6 D9
Ring ring ring ring ring ring ring banana phone
G6 D9 G7
Ring ring ring ring ring ring ring banana phone
C C#dim G/D E7
I got this feeling, so apealing
A7 D7+
for us to get together and sing sing

 Ring ring ring ring ring ring ring banana phone
Ding dong ding dong ding dong ding banana phone
It grows in bunches, i've got my hunches
It's the best, beats the rest
cellular, modular, interactive-odular

 Ring ring ring ring ring ring ring banana phone
Ping pong ping pong ping pong ping banana phone
It's no balony, it ain't a phony
My cellular, bananular phone

 F#
Don't need quarters, don't need dimes
Bm
to call a friend of mine
F#
Don't need computer or TV
Bm
to have a real good time
E7
I call for pizza, i call my cat
A
I call the white house, have a chat
A7
I place a call around the world
D7+
Operator get me Beijing jing jing

 (solo 2x)  G6 D9 G6 D9
          G6 D9 G7
           C C#dim G/D E7 A7 D7+

 Ring ring ring ring ring ring ring banana phone
Ying yang ying yang ying yang ying yanana phone
C C#dim
It's a real life momma and poppa phone
G/D E7
A brother and a sister and a dogga phone
A7 D7+ G6 (Gb F) E7
a grandpa phone and a grandma phone too (oh yeah)
A7 D7+ G6
My cellular, bananular phone
 G6 Em Eb7 D7 G6
Banana Phone, Ring Ring Ring
G6 Em Eb7 D7 G6
(its a phone with a peel)
G6 Em Eb7 D7 G6
Banana Phone, Ring Ring Ring
G6 Em Eb7 D7 G6
(now you can have your phone and eat it too)
G6 Em Eb7 D7 G6
Banana Phone, Ring Ring Ring
G6 Em Eb7 D7 G6
(this song drives me bananutz)
G6 Em Eb7 D7 G6
Banana Phone, Ring Ring Ring
D7 G6