viernes, 26 de noviembre de 2010

Aviso urxente.

Xente guitarrista (bueno, e baixista), por motivos de saúde non vou poder ir mañá a clase.
Por outra banda, podedes/debedes asistir a unha masterclass interesante e de balde no seguinte enlace. http://locaisdensaio.blogspot.com/2010/11/masterclass-guitarra-electrica.html Creo que aínda hai prazas.
Vémonos a vindeira semana.
Saúde!

viernes, 12 de noviembre de 2010

O Sister!

Viña no coche escoitando Radio 3 -oh, gran radio tres!-. Botaban 'melodías bizarras', un programa moi curioso de música curiosa. Hoxe tiñan en directo no estudio a un grupo de dixie, swing, jazz vocal e rollo anos 30, moi milepiquero: O Sister! Fun á web e ao seu myspace e din con varios vídeos. Entre eles o do noso querido 'it don't mean a thing'. Mirade que chulo


Vémonos mañá!

martes, 9 de noviembre de 2010

Hoxe: Reunión sobre a Mil e Pico

Rapaces, esta tarde-noite vai haber unha reunión aberta sobre o futuro da asociación Mil e Pico. Como sabedes, a Mil e Pico leva bastante tempo algo parada (entre outras cousas pola decisión unilateral do cura de cortar a luz do local...) e precisa de xente e ideas novas para desantracarse. Así que se tedes algo que achegar ou se vos apetece participar nunha nova fase da asociación, non faltedes. Estades todos convidados
A reunión é hoxe, xoves 11 de novembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura (sala de audiovisuais)
Vémonos!