viernes, 14 de febrero de 2014

Facendo dedos...

Moi boas tardes miñas donas e meus señores.
Subscribinme hai xa tempo a esta especie de revista virtual de jazz, mais nela non só amosan as técnicas do susodito, tamén falan do blues, e da fermosa teoría coa que acompaña todas as clases o gran xefe, déixovos o enlace, se cadra xa volo deixara noutra ocasión, non lembro, pode ser...hummm
Ben, a faena é que está en inglés, pero por outra banda asi desenferruxades esa asinatura e lle dades traballo ao cerebro, e logo pagades unas cañas que non vai ser todo de ghratishhh.
Por certo, se vos subscribides, vos regalan un historio que se chama The Jazz Guitar Chord Book, e con ese tocho calzades una mesa. Non home non, repasades que logo Luigi pregunta e non sabemos por onde andamos.
 
 
 
 
saúde,
coné

1 comentario: