jueves, 27 de diciembre de 2012

Felices festas e até o ano que vén!!

Con algo de retraso, pero sirva esta entrada para felicitar as festas e/ou vacacións a todos os guitarristas destas terras.
Recordade que non haberá clase nin o 29 de decembro nin o 5 de xaneiro, así que retomaremos o curso o 12 de xaneiro.
Aí queda unha panxoliña sesenteira cortesía da Familia Caamagno. Saúde pa todos!

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Imaxes de festa...

Bueno, unha vez máis Xose fixo un amplo reportaxe gráfico da encherola de callos que nos metimos entre peito e costas, vai acó unha mostra, aínda me saben os callos e maila chicha,
rediola que bo estaba todo!!!
Hai video tamén, en canto poda o colgo, moitas grazas Xóse!!!
saúde,
coné





 

viernes, 14 de diciembre de 2012

Recompilando tablaturas

Xente aí van os acordes dos temas que temos algo mirados. Podedes descargar o pdf no site ou directamente premendo neste enlace. A ver se dou levado mañá algunhas copias impresas


sábado, 8 de diciembre de 2012

Hola a todos, dejo aqui mi propuesta para tocar en clase, hay que poner algo de grunge, que con tanto pop y R&B degeneramos la clase...JAJAJAJAJA

http://tabs.ultimate-guitar.com/s/stone_temple_pilots/plush_ver3_guitar_pro.htm

http://www.youtube.com/watch?v=V5UOC0C0x8Q

y os dejo tambien la última canción que compuse, a ver que os parece
https://es.myspace.com/582373535/music/songs/memorias-de-una-mirada-89743918

viernes, 7 de diciembre de 2012

SABADO 8 CLASE, SABADO 15 CLASE+COMIDA

Segundo comentamos estos dias, o Sábado 15 podemos quedar para comer despois da clase. A cervexeria Vitelius en Brives pode ser un bo candidato para o evento. Si alguén ten outra idea o Sábado 8 falámolo na clase.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Breve e conciso, finou Dave Brubeck e diredes quen era tal señor?
Pois o pianista deste video e inventor deste soniquete que a min particularmente sempre me deixou impactado, lémbrame a un sábado pola noite no filloa ou no tranvía tomando un carajillo cos colegas, cantos?

saúde,
coné

miércoles, 7 de noviembre de 2012

London Bridge

Esta é para os cativos. 
A ver que tal.

EDITO (son Pi) para recordarvos que este sábado non estará Luís, pero os nenos teñen clase igual (a ver se damos feito algo) e o resto andaremos por alí tamén a ver se lle tocamos unha. De todas formas a efectos financeiros, esta clase non se cobra. Saúdos!

viernes, 2 de noviembre de 2012

Confesiones de un comedor de Pizza

Xa está subida.
Vou levar un Usb cos audios dos temas que están para mirar, inda que non teño todos. Bo traballo, Pi!

miércoles, 31 de octubre de 2012

Treme tab - e máis

Ei xente aí vai a estrutura de Treme, segundo a versión enteira do tema que podedes escoitar aquí.  O papeliño este xa está subido no site. Non están indicadas todas as florituras das guitarras e o piano, que é o que lle dá gracia ao tema, pero iso xa o iremos aquelando con Luís na clase, a que si? :) De momento polo menos MARINA que vaia tomando nota, jeje
E deixo aquí unha lista das propostas que se foron colgando ou falando polo momento, polos menos das que eu saiba e das que me acordo, para ir recompilando... O sábado tentarei levalas todas ou as que poida nun cd por se queremos ir escoitando e escollendo algunha. 


- SLEEP WALK (Santo & Jhonny) | Luiggi - tab aquí
- TREME (John Butté) | Pi 
- FILLOA (Terbutalina) | Pi & Antón
- DON'T THINK TWICE IT'S ALLRIGHT (B. Dylan en plan bluegrass) | Edu
- DADDY'S GONNA GO TO KNOXVILLE (M. Knopfler) | Alfredo
- PLEASE READ THE LETTER (R. Plant e A. Krowe) | Alfredo
- I NEED YOUR LOVE SO BAD (Peter Green) | Alfredo & Puscas
- TRAFFIC IN THE SKY (Jack Johnson) | Antón
- AMERICAN GIRL (Tom Petty) | Edu
- ROMEO'S TUNE (Steve Forbert) | Edu
- LO SIENTO FRANK (Ariel Rot) | Antón
- CONFESIONES DE UN COMEDOR DE PIZZA (Ariel Rot) | Antón
- STILL DRUNK, STILL CRAZY, STILL BLUE (S. H. Biram) | Pablo
- THERE'S GONNA BE SOME ROCKING (ACDC) | Xesús
- HELP THE POOR (E. Clapton & B.B. King) | Xesús
- ANOTHER BRICK IN THE WALL (Pink Floyd) | Antón
- NO JODAN LA MARRANA (El Kanka) | Pi
- HAY UN AMIGO EN MÍ (Randy Newman) | Marina

Como despedida filosófica vai o vídeo da do Kanka, 'No jodan la marrana', que aínda non colgara, moi coñón e cunha guitarra penso que curiosa, Luís dirá. O tipo tocou o outro día na de peter e estivo bastante guai. Esta igual lle mola cantala a Alfredo e/ou Catuxa ou? SAÚDE PA TODOS!!



P.D. Non hai premio ou algo para os post máis longos? porque o levo eu fijo vaia

viernes, 26 de octubre de 2012

Moi boas a tod@s non tiña pensado mais como andan a pedir propostas pois aí vai. Saúdos

martes, 23 de octubre de 2012

Este sábado, 27outubro, non hai clase

Pois iso, por se alguén non se enterou. Que este sábado, día 27 de outubro non hai clase, que non pode vir o profe. Así que nos vemos o día 3 de novembro en Tabeaio.

Entretanto seguide coas propostas, que está habendo un montón, pero que se anime todo o mundo!
Saúde

Propostas

ANTÓN

sábado, 20 de octubre de 2012

Moi boas bandarras,
a min góstame o tema do sonámbulo ese, versión Brian Setzer, se cadra o Xefe nos pode explicar como se fan eses escalonados tan virgueiros e tan molóns enredando unha escala con outra, e se por riba o facemos a esas velocidades de vertixe nin che conto...

 
Viña de Ans escoitando Radio 3 (mentres non a fagan desaparecer, que están niso) e escoitei esta cancionciña dun señor que trunfaba a finais dos 70, Steve Forber, non sei se é boa canción ou non mais algo tiña que che metía o soniquete no corpo e ocorréuseme ser un pouco malo, ten un toque curioso de piano que ben podería facelo a nosa amiguiña, e dicía malo porque esta voz rota sóame á de Puskas, mesmo o tipiño ten un ar, con perdón, mellorando o presente que se dí. Non sei que vos parecerá...
Sonche estas cousas que teño eu, que hai momentos, cancións, debuxos que me lembran ás persoas e entón CHAN CHAN, puxeron American Girl do Tom Petty, cun toque de baixo por debaixo moi guai e non me digades porqué recordoume a Pi, isto ten que molarlle e o debe cantar que nin diola...(hai outro coa letra pero ese mirádelo vós)

 
Reflexionade ben (e) garamba (subliminal de todo)
saúde,
coné

viernes, 19 de octubre de 2012

Sleepwalk

Esta é a versión "fácil". Máis ou menos o que tocan Santo & Johnny. Xa a complicaremos un pouco, como fai Brian Setzer jeje.http://www.youtube.com/watch?v=ogxTQXAgY3Q

lunes, 15 de octubre de 2012

O sábado 20 a clase é en ANS

Ola xente. Aquí Pilar. Tal e como falamos, recordade que o vindeiro sábado, 20 de outubro, non podemos dar a clase en Tabeiao porque o local está ocupado polas eleccións, así que ese día trasladarémonos ao local social de Ans, que está xusto enriba do local de ensaio, no parque de Ans.
Aí vai un mapiña para os que non saiban onde queda iso...

Ver Parque de Ans - Carral en un mapa más grande

Basicamente pódese acceder directamente desde a N-550 pola pistiña esa, aínda que non é moi recomendable, ou meténdose pola carpintería Medeira e bordeando todo o Casal. Se non dades chegado, chamádeme que vos explico.

O sábado seguinte, 27 outubro, volvemos ao noso Tabeiao natural.
Saúde!

lunes, 8 de octubre de 2012

CURSO 2012-2013: Grupos e horarios

Ola xente!
Deixo aquí e detalle da organización do curso deste ano segundo o falado o pasado sábado na clase. Aí van os grupos e horarios, polo menos para as primeiras semanas, se despois non nos convence sempre podemos repensalo.

10:00 - 11:00 >> Grupo NENOS (Jonathan, Ariadna, Diego, María, Facundo, a sobriña de Tino...)

11:00 - 12:30 >> Grupo PURETILLAS (Tino, Pablo Litos, Puscas, Fran, Edu, Alfredo, Balta e cia, Pi, Marcos?, Xesús? Pablo Limiñón?...)

12:30 - 14:00 >> Grupo CHAVALADA (Eloy, Joan, Isaac, Antón, Marina, Catuxa, Rita, Carmen, Pablo...)

Xa digo que isto non é fixo nin inamomible nin nada diso. Cada un que se acople ao grupo que mellor lle veña por horario, ou ao que máis lle mole, ou aos dous, ou que vaia probando. Eu, por exemplo, seguramente vaia bailando dependendo do día.
A idea é facer dous grupos porque somos demasiado para un só grupo, e en vez de separarnos por 'niveis' pensamos en facelo por 'afinidades/idade'. Puxen en interrogantes o caso da xente que non veu o sábado e que non sei o que preferirá.

Os prezos mantéñense como o ano pasado:
- 25 euros / mes para maiores de 16 anos
- 20 euros / mes para 16 ou menos
- 15 euros para o grupo dos nenos

*Desconto de 5 euros por cabeza para familias

E o dito, as clases comezan este sábado, 13 de outubro, nos horarios indicados arriba. Vémonos alí, a pasalo ben!!

sábado, 6 de octubre de 2012

Esquecíame desta outra grandeza, por Dylan mais refírome a estes dous amiguiños.
Pode ser unha proposta deste ano?  OOOUUUU MEEEUU DEEEUSSS!!!...
Moi boas camaradas todos e todas,
este é o tema do que falaba Pi hoxe no comezo de curso
A C O J O N A N T E!!!


Eu pensei que te referías a este outro que a min me encantaba cando veía na serie aos Indian Red facéndose os traxes pra o Mardi Gras

 
saúde e que teñades doces soños nenos e nenas,
coné

martes, 2 de octubre de 2012

The Lost Fingers

Hello xente.
Se por un casual non podedes vir ó fabuloso concerto dos Miki Nervio & The Bluesmakers o venres na Capitol de Santiago polo módico precio de 5€, que sepades que  "The Lost Fingers" estará no teatro Colón de Coruña. (Creo que a entrada ronda os 20 pavos).
Vémonos o sábado!

viernes, 28 de septiembre de 2012

Comezamos!

Xa é oficial, comezamos o curso! A quedada inaugural é o sábado 6 de outubro ás 12:00 en Tabeaio (casa do mestre). Coma sempre, ese día quedaremos todos xuntos a ver cantos somos e todo iso para facer os grupos e os horarios e fixar a cuota (aínda que en principio a idea é manter a do ano pasado: 25 euros para adultos e 20 para menores de 16)
Avisade por aí, se hai novas incorporacións que me chamen ou simplemente que veñan ese día se poden. E os que vos deades por avisados deixade un comentario ou dicídemo, que son sms que aforramos :)
Deixo o carteliño deste ano, que rule tamén. Parece que hai un novo cura na cidade, yeah...

jueves, 20 de septiembre de 2012

Un par de vídeos

A ver, por fin me acordei de poñer os vídeos dos que falei ultimamente:
Primeiro o concerto de Seasick Steve no ultimo Pinkpop. Guitarras feitas con tapacubos, caixas de habanos, cachos de motos... mola!


E agora o documental 'Big Easy Express', sobre a xira que fixeron polos EUA tres grupos medio hippies-bluegrassianos de nomes enrevesados, todos metidos nun tren: Edward Sharpe & The Magnetic Zeros (dos Ángeles), Old Crow Medicine Show (de Nashville) e Mumford & Sons (de Londres). Parecen unha secta de músicos felices. O docu e o musiqueo, e sobre todo as juergas no escenario (nalgún concerto debe de haber 40 persoas tocando a un tempo) molan.
Poño aquí o trailer, pero podedes descargar o docu completo, en versión orixinal, aquí: http://www.1channel.ch/watch-2734394-Big-Easy-Express


Por certo, que din con este docu e con moitos outros grazas ao tremendo Documaniático, que antes tiña un blog pero que agora se move polo Facebook: http://www.facebook.com/pages/Documani%C3%A1tico/101685213237654?ref=ts

E para rematar o sermón, unhas fotiños duns verdadeiros músicos, auténticos bluesmen e blueswomen nunha auténtica taberna roqueira. Hai algún vídeo tamén, pero de momento só se move polo mercado negro...



P.D. Por certo que vos parece inaugurar o curso o 6 de outubro?

viernes, 7 de septiembre de 2012

Concurso Musicallll

A ver nenos e nenas,concursiño ao canto



a quen acerte que canción están tocando istos nachos en Gasteiz prometo premio
A cousa non é dificil, e de seguro que máis dun xa lle da voltas ao tema en cuestión.
Hala a enredar!!!
saúde,
coné

lunes, 3 de septiembre de 2012

 
 


 
Sen desmerecer o tremendo video do Anton, en serio, gostoume moito, iso é proba de que experimentando experimentando chégase a sitios ben curiosos, moi ben neno...
Acó deixo unha moi pequena mostra fotográfica dunha chea de fotos que fixo o compañeiro Jose antes de marchar cara a Estambul, fico agradecido de novo polo chollo feito. Pasareillo a Puskas en canto poda igual que o anterior, pra que suba todo este material ou o que él considere.
Por suposto, moitas grazas a todos e todas polo día de onte, grande encherolada, e guitarrada salvaxe...
Xa o dixo Mungo Jerry :"...In The Summertime (tempo de vran) churururururú"
saúde,
coné

Fusión jajaja

Deixovos aquí un vídeo de intento de fusión da guitarra e do beat box, espero que vos guste.

Antón

jueves, 30 de agosto de 2012

Dicialle eu ao Alfredo que unha proposta moi interesante pode ser esta que queda acó máis abaixo, ollo coa camisiña de redecilla
http://www.youtube.com/watch?v=wvUQcnfwUUM&feature=share&list=AL94UKMTqg-9DwDLu6DAsJPig9Q01ZwrpQ

Que carallo, hai que botarlle unha risa ao asunto OU???
Ou este outro, hai que recoñecer que o pianista é unha pasada:
http://www.youtube.com/watch?v=k33W_A7_XWI&feature=share&list=AL94UKMTqg-9DwDLu6DAsJPig9Q01ZwrpQ
Nos tempos nos que estamos, de superproduccións e medios a punta pala un de vez en cando bota de menos estas pequenas cousas, ollade os medios que tiñan na tv dos 70´s...
http://youtu.be/TATWd_PGfUg

Hala, pasadeo ben mentres poidamos
saúde,
coné

lunes, 20 de agosto de 2012

A churrascar, a churrascar...

...non fai falta acabar enterrados no mar como dicía Víctor Jara, pero si que hai que ir pensando no evento carniceiro-musical por excelencia nesta nosa comunidade.

E o caso é que o calendario está complicado... falaramos de facer o churrasco o último sábado de agosto, ou sexa, este sábado 25. Cónstame que polo menos a min e a Luís válenos (aínda que habería que poñerse a orjanisalo xa), pero creo que á tribo dos Puscas non lle vén moi ben esta finde, e está claro que os puscanianos son dos imprescindibles...

O seguinte sábado, 1 de setembro, non pode Luís, que ten concerto. E o seguinte, 8 de setembro, son as festas de Carral, así que supoño que tamén queda descartado porque haberá que ir tomar o bermú ou? E  o seguinte xa é tardísimo para eventos en exterior e Luís marcha de viaxes...

Total, que eu diría de reprogramalo para un domingo, o 2 de setembro, que vos parece?? Haberá que ir o luns traballar cun pouco de resaca, pero... en peores plazas hemos toreado jejeje

Só é unha idea, vós diredes.

E para aliviar este estrés de calendario, aí vai unha pequena escolma das nosas fotos do concerto. A de Edu é boísima, ten todas as papeletas para o cartel do curso que vén.














lunes, 13 de agosto de 2012

memoria do carallo!!!

Permiiiisssooo!!!
Esqueciame de engadirvos este outro enlace que amosa unha parte do curriculo do Gene este...
Hala, bicos e apertas
coné
http://youtu.be/0-UEY8PTbTA

No verán van pasando cousiñas...





Boa noite,
Pois por aquelo de renovar imaxes, acó van estas que dan boa conta de como o Xefe e toda a tropa se busca o garbanzo na rúa, sacounas a miña filla pra tod@s nós, o cal ten dobre mérito...
A outra imaxe é dun tipiño que estivemos vendo en Vitoria nun sitio acojonante, o paisa en cuestión chámase Gene Taylor i é un fenómeno, vímolo sen a banda e a verdade é que fixo bailar a todo dios (a foto tamén a fixo a Sabeliña)
http://youtu.be/95o3QBq1oVk
Pasádeo ben.
saúde,
coné

miércoles, 18 de julio de 2012

Fotos


Esta é a única que fixen... e xa de paso recordamos ós amigos que están fora.
(se queredes subir fotos, fixen unha carpeta. Saúde)
Estou intentando subir os videos ao tubo, xa hai un, o dos máis pequechos...
Buscade Mil e Pico Guitarras Carral 2012
Tamén está a de Ses, estou nelo, terei que deixalo toda a tarde a ver se sube...
Non fagades caso ao son, nada que ver coa realidade.
saúde,
coné

lunes, 16 de julio de 2012

Concerto xullo 2012

Boa noite,
como xa ven sendo costume, o amigo Jose (pai de Eloi) facendo como de 5º Beatle na sombra (os da miña quinta xa me entendedes), é dicir, como un membro máis destas mil e pico guitarras, fixo novamente o reportaxe fotográfico e videográfico, vou deixar unha pequena mostra, porque sacou güevo e medio de imaxes, pola miña banda: moitas grazas compañeiro!!! As cervexas telas garantidas...
Hai moitas máis, o que queira copia que avise (os videos non teñen desperdicio)
saúde,
coné











.