martes, 12 de junio de 2012

Funun-ciber-can

Xa estou aquí outra vez!! Para informarvos de que Fununcan xa existe no ciberespazo :)

Esta semana estreamos páxina web: www.fununcan.com facebook www.facebook.com/fununcan, youtube... a trangallada toda, vaia.

Déixovos o vídeo do miniconcerto que dimos aí atrás en Santiago, o debú de Fununcan nos escenarios!. A ver se vos mola :)



Calendario: concerto 15 XULLO (Corrección) + churrasqueitor

Ei xente!
Que xa volvo estar liada co calendario... que pesada son!!

O caso é que parece que ao final nos vai mellor a todos o domingo 15 de xullo para o concerto de fin de curso, así que se non hai novidade marcádeo nas axendas vale?
E como daquí ao 15 de xullo hai moito tempo e tamén hai moito que ensaiar, pois a idea é facer un mes máis de clases para non perder comba. A cousa quedaría así:
- 16xuño: última clase deste mes (xa sabedes que eu conto un mes por cada catro clases, nada de lúas nin calendario convencional niná bahhh pamplinas)
- 23xuño, 30xuño, 7xullo, 14xullo: clases do último mes
- 15xullo: concerto final, daí ao estrellato!

Queda por ver cando facemos a churrascada de rigor, ímolo falando/escribindo que aínda hai tempo non?
Saúde pa todos!

sábado, 9 de junio de 2012

Boa noite,
co asunto de The Weight teño que recoñecer que andaba eu bastante verderolo co tema da intro, deixo acó enlaces porque ademais descobrín outras cousas desta canción como un tercer acorde pra o estribillo que eu non facía (d, e, a),
Acó meu primo dándolle estopa a unha Guild:
http://youtu.be/sV2ns1Y-214
Tamén paréceme interesante esta outra achega, colocaría a cejota no segundo traste e comezaría con sol...curioooossssooo:
http://youtu.be/hQ8IxcBIxEg


Hala bicos a todas!!!
saúde,
coné


martes, 5 de junio de 2012

Concerto de fin de curso - 8 de xullo

Ola xente!
A ver, despois de andar tanteando e cadrando axendas cuns e outros, parece que se confirma o DOMINGO 8 DE XULLO como o día do concerto de fin de curso. O esperado evento será, se non tedes inconvintes, na terraza da recién inaugurada Cluberna Lume e Ferro (a de Peter de toda a vida, vaia), a iso das 19:00 da tarde. E contaremos cun pofesional para que nos traia o sonido e faga soar as cordas coma se fosen fermosos cabelos dourados de anxiños... jeje
Todo isto, se vos parece ben, claro
Queda por concretar cando faremos a churrascada de rigor. Acéptanse suxerencias, pero tendo en conta que Luís non está nin o 7 nin o 14 de xullo, que vos parece o sábado 21-xullo? ou o domingo 15-xullo?
Vós diredes! Saúde!

P.D. en teoría a última clase será o 23 de xuño, pero se cadra molaba facer unha máis... falámolo este sábado vale?