miércoles, 31 de octubre de 2012

Treme tab - e máis

Ei xente aí vai a estrutura de Treme, segundo a versión enteira do tema que podedes escoitar aquí.  O papeliño este xa está subido no site. Non están indicadas todas as florituras das guitarras e o piano, que é o que lle dá gracia ao tema, pero iso xa o iremos aquelando con Luís na clase, a que si? :) De momento polo menos MARINA que vaia tomando nota, jeje
E deixo aquí unha lista das propostas que se foron colgando ou falando polo momento, polos menos das que eu saiba e das que me acordo, para ir recompilando... O sábado tentarei levalas todas ou as que poida nun cd por se queremos ir escoitando e escollendo algunha. 


- SLEEP WALK (Santo & Jhonny) | Luiggi - tab aquí
- TREME (John Butté) | Pi 
- FILLOA (Terbutalina) | Pi & Antón
- DON'T THINK TWICE IT'S ALLRIGHT (B. Dylan en plan bluegrass) | Edu
- DADDY'S GONNA GO TO KNOXVILLE (M. Knopfler) | Alfredo
- PLEASE READ THE LETTER (R. Plant e A. Krowe) | Alfredo
- I NEED YOUR LOVE SO BAD (Peter Green) | Alfredo & Puscas
- TRAFFIC IN THE SKY (Jack Johnson) | Antón
- AMERICAN GIRL (Tom Petty) | Edu
- ROMEO'S TUNE (Steve Forbert) | Edu
- LO SIENTO FRANK (Ariel Rot) | Antón
- CONFESIONES DE UN COMEDOR DE PIZZA (Ariel Rot) | Antón
- STILL DRUNK, STILL CRAZY, STILL BLUE (S. H. Biram) | Pablo
- THERE'S GONNA BE SOME ROCKING (ACDC) | Xesús
- HELP THE POOR (E. Clapton & B.B. King) | Xesús
- ANOTHER BRICK IN THE WALL (Pink Floyd) | Antón
- NO JODAN LA MARRANA (El Kanka) | Pi
- HAY UN AMIGO EN MÍ (Randy Newman) | Marina

Como despedida filosófica vai o vídeo da do Kanka, 'No jodan la marrana', que aínda non colgara, moi coñón e cunha guitarra penso que curiosa, Luís dirá. O tipo tocou o outro día na de peter e estivo bastante guai. Esta igual lle mola cantala a Alfredo e/ou Catuxa ou? SAÚDE PA TODOS!!



P.D. Non hai premio ou algo para os post máis longos? porque o levo eu fijo vaia

viernes, 26 de octubre de 2012

Moi boas a tod@s non tiña pensado mais como andan a pedir propostas pois aí vai. Saúdos
video
video

martes, 23 de octubre de 2012

Este sábado, 27outubro, non hai clase

Pois iso, por se alguén non se enterou. Que este sábado, día 27 de outubro non hai clase, que non pode vir o profe. Así que nos vemos o día 3 de novembro en Tabeaio.

Entretanto seguide coas propostas, que está habendo un montón, pero que se anime todo o mundo!
Saúde

Propostas

ANTÓN

sábado, 20 de octubre de 2012

Moi boas bandarras,
a min góstame o tema do sonámbulo ese, versión Brian Setzer, se cadra o Xefe nos pode explicar como se fan eses escalonados tan virgueiros e tan molóns enredando unha escala con outra, e se por riba o facemos a esas velocidades de vertixe nin che conto...

 
Viña de Ans escoitando Radio 3 (mentres non a fagan desaparecer, que están niso) e escoitei esta cancionciña dun señor que trunfaba a finais dos 70, Steve Forber, non sei se é boa canción ou non mais algo tiña que che metía o soniquete no corpo e ocorréuseme ser un pouco malo, ten un toque curioso de piano que ben podería facelo a nosa amiguiña, e dicía malo porque esta voz rota sóame á de Puskas, mesmo o tipiño ten un ar, con perdón, mellorando o presente que se dí. Non sei que vos parecerá...
Sonche estas cousas que teño eu, que hai momentos, cancións, debuxos que me lembran ás persoas e entón CHAN CHAN, puxeron American Girl do Tom Petty, cun toque de baixo por debaixo moi guai e non me digades porqué recordoume a Pi, isto ten que molarlle e o debe cantar que nin diola...(hai outro coa letra pero ese mirádelo vós)

 
Reflexionade ben (e) garamba (subliminal de todo)
saúde,
coné

viernes, 19 de octubre de 2012

Sleepwalk

Esta é a versión "fácil". Máis ou menos o que tocan Santo & Johnny. Xa a complicaremos un pouco, como fai Brian Setzer jeje.http://www.youtube.com/watch?v=ogxTQXAgY3Q

lunes, 15 de octubre de 2012

O sábado 20 a clase é en ANS

Ola xente. Aquí Pilar. Tal e como falamos, recordade que o vindeiro sábado, 20 de outubro, non podemos dar a clase en Tabeiao porque o local está ocupado polas eleccións, así que ese día trasladarémonos ao local social de Ans, que está xusto enriba do local de ensaio, no parque de Ans.
Aí vai un mapiña para os que non saiban onde queda iso...

Ver Parque de Ans - Carral en un mapa más grande

Basicamente pódese acceder directamente desde a N-550 pola pistiña esa, aínda que non é moi recomendable, ou meténdose pola carpintería Medeira e bordeando todo o Casal. Se non dades chegado, chamádeme que vos explico.

O sábado seguinte, 27 outubro, volvemos ao noso Tabeiao natural.
Saúde!

lunes, 8 de octubre de 2012

CURSO 2012-2013: Grupos e horarios

Ola xente!
Deixo aquí e detalle da organización do curso deste ano segundo o falado o pasado sábado na clase. Aí van os grupos e horarios, polo menos para as primeiras semanas, se despois non nos convence sempre podemos repensalo.

10:00 - 11:00 >> Grupo NENOS (Jonathan, Ariadna, Diego, María, Facundo, a sobriña de Tino...)

11:00 - 12:30 >> Grupo PURETILLAS (Tino, Pablo Litos, Puscas, Fran, Edu, Alfredo, Balta e cia, Pi, Marcos?, Xesús? Pablo Limiñón?...)

12:30 - 14:00 >> Grupo CHAVALADA (Eloy, Joan, Isaac, Antón, Marina, Catuxa, Rita, Carmen, Pablo...)

Xa digo que isto non é fixo nin inamomible nin nada diso. Cada un que se acople ao grupo que mellor lle veña por horario, ou ao que máis lle mole, ou aos dous, ou que vaia probando. Eu, por exemplo, seguramente vaia bailando dependendo do día.
A idea é facer dous grupos porque somos demasiado para un só grupo, e en vez de separarnos por 'niveis' pensamos en facelo por 'afinidades/idade'. Puxen en interrogantes o caso da xente que non veu o sábado e que non sei o que preferirá.

Os prezos mantéñense como o ano pasado:
- 25 euros / mes para maiores de 16 anos
- 20 euros / mes para 16 ou menos
- 15 euros para o grupo dos nenos

*Desconto de 5 euros por cabeza para familias

E o dito, as clases comezan este sábado, 13 de outubro, nos horarios indicados arriba. Vémonos alí, a pasalo ben!!

sábado, 6 de octubre de 2012

Esquecíame desta outra grandeza, por Dylan mais refírome a estes dous amiguiños.
Pode ser unha proposta deste ano?  OOOUUUU MEEEUU DEEEUSSS!!!...
Moi boas camaradas todos e todas,
este é o tema do que falaba Pi hoxe no comezo de curso
A C O J O N A N T E!!!


Eu pensei que te referías a este outro que a min me encantaba cando veía na serie aos Indian Red facéndose os traxes pra o Mardi Gras

 
saúde e que teñades doces soños nenos e nenas,
coné

martes, 2 de octubre de 2012

The Lost Fingers

Hello xente.
Se por un casual non podedes vir ó fabuloso concerto dos Miki Nervio & The Bluesmakers o venres na Capitol de Santiago polo módico precio de 5€, que sepades que  "The Lost Fingers" estará no teatro Colón de Coruña. (Creo que a entrada ronda os 20 pavos).
Vémonos o sábado!