jueves, 22 de mayo de 2014

Cousas de última hora...

Ola xente!

Eu apúntome ao carro de propostas de última hora, máis que nada porque me dá rabia que este ano non fagamos ningunha en galego. Así que hai van dúas opcións de blues autóctono, pensando en principio para o grupo dos rapaces pero oyeloquesurja:

1ª opción: Sés - Porco blues. Un blues normal y corriente, a guitarra debería ser factible e a voz seguro que tamén, que isto para Catu ha de ser calderilla :) Hai máis versións en directo por aí no tubo, e a do disco está no spotify, pero a min mólame esta.



2ª opción: Familia Caamagno - Surfistas Nazis. Tamén hai vídeos en directo deste tema por aquí.



3ª opción: Ataque Escampe - A Vitoria. Xa non me acordaba desta, que a chegaramos a mirar e todo. Pero se cadra é demasiado liada e ademais tamén lentorra... Bueno déixoa aquí por se acaso.



Eu hei de levar os temas e as letras o sábado, pero se non molan ou a cousa vai moi xusta, pois non pasa nada! Quedan aquí os temas para a posteridade e para as nosas orellas, que tamén o merecen.

Por último, e xa paro que son unha brasas, o concerto do día 14 para que se confirma que será pola mañá, pois o noso maese Luigi ten outra historia á tarde. Xa veremos onde e como. A comida igual hai que movela, que Alfredo (e se cadra Luís tampouco) non están, falamos o sábado.

Aiaiai unha última cousa, un pouco de autobombo :) Déixovos aquí un dos tres temas que acabamos de sacar Fununcan para celebrar o día das letras, os tres traducidos do finés ao galego. Este é Kapytemppeli, en www.fununca.com están os tres. Ala, agora si. chao

miércoles, 14 de mayo de 2014

OCHICHORNIA TETRIS

TETRIS - OCHI CHORNIA copia do documento orixinal do ano 2011 escaneado pois non o atopei en formato electrónico. Por certo o Sábado 17 é festivo pero entendo que nós como si chove.....

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxtaWxlcGljb2d1aXRhcnJhfGd4OjI0ODJkNDA2YWY0ZWJhMjg






domingo, 11 de mayo de 2014


Moi boas a tod@s. 
Aí vai unha por se alguén lle gusta pra escoitar ou o que sexa......
Saúde.