jueves, 27 de febrero de 2014

Moi boas. Por razons técnicas isto non é unha proposta. Somentes unha lembranza dalgén inesquecible.
video
Que o disfrutedes.....Saúde.

sábado, 22 de febrero de 2014


Moi boas. Non me deixa cargar o video igual é moi longo.
A ver se serve de axuda. Aí vai o enlace.
Saúde.

 http://youtu.be/lzoioCGG6X8

viernes, 14 de febrero de 2014

Modificado archivo

Subín outra parte do Dark End Of The Street, a ver se alguén se anima.

Facendo dedos...

Moi boas tardes miñas donas e meus señores.
Subscribinme hai xa tempo a esta especie de revista virtual de jazz, mais nela non só amosan as técnicas do susodito, tamén falan do blues, e da fermosa teoría coa que acompaña todas as clases o gran xefe, déixovos o enlace, se cadra xa volo deixara noutra ocasión, non lembro, pode ser...hummm
Ben, a faena é que está en inglés, pero por outra banda asi desenferruxades esa asinatura e lle dades traballo ao cerebro, e logo pagades unas cañas que non vai ser todo de ghratishhh.
Por certo, se vos subscribides, vos regalan un historio que se chama The Jazz Guitar Chord Book, e con ese tocho calzades una mesa. Non home non, repasades que logo Luigi pregunta e non sabemos por onde andamos.
 
 
 
 
saúde,
coné

martes, 4 de febrero de 2014


Moi boas a tod@s. Estiven a mirar pola rede o "Sweet Lorraine" en Sol pero non sei eu....ai cousas que non me cadran e outras que non sei de que van, perdoade a miña inorancia. Algunha alma caritativa pódeme dicir como é o conto?. Xa podía ser doce a Lorraine .... jejeje. Isto foi o que atopei.....