lunes, 19 de diciembre de 2011

Blues de aqui

Seria posible aprender esta cancionciña de blues na clase??
Se non, él ten algunha mais tamen moi chula

http://www.blogger.com/img/blank.gif

http://www.youtube.com/watch?v=M0xJ6dihyyA

viernes, 9 de diciembre de 2011

FUNUNCAN - Blue Henri (blue bossa)


Ei moi boas. Aí vos deixo Blue Henri, a versión limiñoniana ou fununcaniana da blue bossa, dedicada ao noso can Henri, que moitos de vós xa coñecedes. A letra fixémola un día con dani e con iván, son unha chea de xuramentos, e aínda faltan máis, pero todos con moito cariño... Se vos gusta o tema, pasádevoso polo myspace de Fununcan: www.myspace.com/fununcan ou polo blog de Henrícolas, aí hai só versións: henricolas.blogspot.com En breve teremos lista a segunda maquetiña de Fununcan (xa houbo unha en 2010!), xa vola levarei á clase


Saúde!

jueves, 8 de diciembre de 2011

Moi boas,
como o que promete comprométese, deixei colgado no sites unha carpeta nova chamada algo asi coma Repaso de Apuntes (Outubro/Novembro), pode ser que teña a hostia de erros, pero aí as deixo pra que mos corrixades se fai falla...
Mentres, déixovos outra fermosa canción das de sempre.

martes, 6 de diciembre de 2011

Quen dixo que non había máis Blus co do Mississippi? Na Irlanda tamén hai unha boa plantación...
Non sei se eran as pintas de Guinnes ou os litros de Sen Jaiteiros que o facían voar, mais de sempre me gostou este pequeno gran blus...

viernes, 2 de diciembre de 2011

Próximos concertos

-Hoxe á noite.:23h no Pub Retro (rua Orzán) The Dixieland Stompers con Marian Ledesma
- Domingo 4: 12:30 No Museo Fenosa (Macuf) (Rotonda da Grela) Concerto para nenos de música animada de The Dixieland Stompers
-Sábado 10: 18h Cervecería A FRanxa (rua da Franxa) Miki Nervio & The Bluesmakers

domingo, 27 de noviembre de 2011

COMIDA DO NADAL

A idea era facer unha comida o sábado 3 de decembro despois da clase. A historia e que parece que algúns non poden ese dia. Podemos manter a data ou facelo 0 dia 10 ou o 17. Estaría ben que forades poñendo nesta mensaxe comentarios sobre que dia vos gustraria mais e así decidir........

sábado, 5 de noviembre de 2011

O próximo sábado, día 12, non hai clase

Un aviso importante: o próximo sábado, 12 de novembro, NON HABERÁ CLASE DE GUITARRA porque Luís estará de xira por Portugal. Quedades avisados
Retomámolo o día 19!

martes, 1 de noviembre de 2011

Balada de John Henry

Cousa fermosa, é o gran Gutrhie? ou non ?
Dende logo é unha boa proposta
pra ver o que da de si ese banjo de Puskas...

http://www.youtube.com/watch?v=FE307ZO3AvM&feature=related

Se non vos convence esta versión, ollade a que fan os Txus Blues e José Bluefinger, só que eles chámanlle Juan Henrique
http://www.youtube.com/watch?v=rD9Yr-7SYt8

saúde e bo magosto a todas e todos,
coné

sábado, 29 de octubre de 2011

Acó deixo unha delicatesen destas raras, puro divertimento, non máis...
http://youtu.be/FXXQknYWkB4

Haaaala, vou a chapar o Jaguai 5 0, até outra...

viernes, 28 de octubre de 2011

Hawaii Five-O

Está subida en Guitar-Pro. Retoquei a primeira pista para mellor comprensión, xa sabedes, jeje.

domingo, 16 de octubre de 2011

Propostas varias

Bueeeno, primeiro quero propor unha cancionciña dos Beatles: Here, There and Everywhere.




Un pelin melosa (sin chegar ó coma diabético) pero moi chula.. Vos diredes.
A seguinte é unha version do Ramones " I Belive in Miracles" en plan acoustic.
Existe unha versión dos Pearl Jam pero eu escoro cara Ós Monchos.
O sabado falamos e levo os papeliños con acordes e letras (todo moi doado).
Que vos sea leve a semana. Bay
P.S: Falarei con Sr. Puskas a ver si me pode colgar.... as tablaturas no Site (gracias anticipadas).

jueves, 13 de octubre de 2011

UNDER THE BRIDGE - RHCP

Proposta: "Under the bridge"- Red Hot Chili Peppers .Ano 1992. Si buceades no sites hay unha carpeta con un arquivo gpro, un mp3 y un word coa letra e acordes y algo de estructura. A min no me gusta o coro a partir de minuto 3:15 pero o mellor podemos cadrarlle uns "solos" ........

EDITO (pi) para que vexades a famosa intro do tema...
E aquí o pdf coa estrutura:

**Todos os arquivos dos temas tamén os podedes descargar no menú 'cancións' do blog

miércoles, 12 de octubre de 2011

Bueno como estou un ano mais con vos, inda que non se sabe canto tempo je,je...
comecemos as clases e cada cal comeza no seu nivel...
na paxina music theory atoparemos un xogo basico e divertido para atopar as notas no diapason..
si,si.... e basico pero para min un iniciado esta ben
unha aperta

http://www.childrensmusicworkshop.com/musictheory/trainers/html/id81_en.html

martes, 11 de octubre de 2011

Tal e como falamos o sábado, eis os detalles do curso deste ano

- En principio faremos tres grupos con tres horarios diferentes:
  • 10:15 - 11:00 - Infantil
  • 11:00 - 12:00 - Iniciación
  • 12:00 - 14:00 - Perfeccionamento. Este último poderiamos subdividlo en dous grupos en función do repertorio ou se vemos que somos demasiados para non tolear
- As cotas mantéñense, tamén en principio (se hai alumnos que se dan de baixa é posible que haxa que subilas, pero mentres tanto cubrimos), como o ano pasado, con dúas tarifas en función da idade do alumno. Cobrarase igual que o ano pasado, cada catro clases.
  • Até os 16 anos - 20 euros ao mes
  • 16 anos ou máis - 25 euros ao mes
- E agora, o código deontóloxico...
  • Vir afinado e estar caladiiiiños e nas clases. No grupo das 12 somos moitos e montamos moito follón...
  • Practicar na casa. O mellor remedio contra o barullo das clases é levar mirados os temas e os exercicios.
  • Preparar os temas. Se alguén quere incluír unha canción no repertorio, que se faga cargo de traer a estrutura ou algo preparado
Máis nada, vémonos o sábado!

sábado, 8 de octubre de 2011

Algo pra ir facendo dedos...

Hai !!! Agora xa me acordo, pero a proposta de verdade era o Stop Breaking Down de Robert Jhonson, o video da rapaza que puxen máis abaixo(mes de agosto aprox) coido que está ben ou? A tablatura que atopo é a do Eric Clapton e debe de ser tocada en afinación aberta?? (pregunto Luigi) Deixoa colgada no sites (se lembro como se fai)...
Outra alternativa que me está a rachar o coco e Still Crazy After All These Years de Paul Simon se non me trabuco, xa sei que é algo melosa pero quen dixo medo e ademais ten unha tonelada e media de acordes, tamén intentarei deixar a tablatura no sites, mentres déixovos un de tantos enlaces que podedes ver no tubo como dí Pi...

http://www.youtube.com/watch?v=4v_JSIHR0-Y

E cantada deste xeito (Alfrediño a poñerse!!!)
http://www.youtube.com/watch?v=VS8wAJsqNT0

martes, 27 de septiembre de 2011

Xa é oficial: comezamos o 8 DE OUTUBRO - 11:30h

Eeei
Un pequeno cambio de plans sobre o comezo das clases: comezarán finalmente o 8 de outubro (para o día 1 non lle daba tempo a Luís a volver das vacacións). Por ser o primeiro día, quedamos ás 11:30, para coñecer as caras novas (xa hai algunhas confirmadas, pero seguide reclutando...) e facer os grupos e os horarios. En Tabeaio, coma sempre

Correcto???
Para amenizar a espera, un documento impresionante, iso si que é botar por fóra...:

Saúde!

jueves, 1 de septiembre de 2011

MOONDOGS BLUES PARTY

O pasado xoves 25 actuaron no Querostar. O primeiro disco que teñen chámase " o cadelo lunático" e podese baixar de balde desde a súa páxina. Pásovos o enlace :


http://www.moondogsbluesparty.com/images/stories/descargas/MBP_OCadeloLunatico.zip

miércoles, 24 de agosto de 2011

Comezamos en setembro??

Ei xente guitarrista!!! Como levades o mono de clases?
Que vos parece comezar xa en setembro. Polo que estiven falando con algúns de vós, a xente prefire comezar canto antes, e como ademais este ano temos un cartel chulísimo para anunciar as clases, unha obra de arte do señor Coné, pois eu xa teño ganas de estrenalos!!
Que vos parece se facemos unha primeira quedada o sábado 17 de setembro, despois das festas, para ir mirando cantos imos ser, como podemos facer os grupos e calcular tamén o tema das cuotas. E para falar de como nos foi o verán e todo iso. E tocarlle unha tamén!!
Por certo, sobre as cuotas xa adianto que se non sumamos uns cantos pupilos novos creo que imos ter que subir cinco euriños as mensualidades, a 30 euros (e 25 para menores de 16)...
Máis nada, vós diredes o que vos parece o de que quedar o 17. Ah! e en calquera caso ídeo comentando por aí, sobre todo entre a chavalada, a ver se nos apuntan máis cativos!!

Entretanto, aí vai o cartelazo de Coné. A desfrutalo!!

viernes, 12 de agosto de 2011

Unha de videos

Acabo de ver isto e non podo por menos que propoñer esta "proposta" como axercicio pra o vindeiro curso, proposta integral e por suposto, no campo da feira ou mesmo na rúa Real da Coruña, hala...
http://www.youtube.com/watch?v=DvrV-Og0cFk&feature=related
Está ben esta outra...
http://www.youtube.com/watch?v=bQyWmaTSzNs&feature=related
Mais sen dúbidas...
http://www.youtube.com/watch?v=qJ4Qn4HGY50&feature=related

haala, hai queda a cousa...
saúde,
coné

jueves, 11 de agosto de 2011

EN CARRAL SE ESTÁN MOSQUEANDO

O teléfono non paraba, non sei se a Fran lle pasou o mesmo, ademais eu que estaba desconectado de prensa e radio non me quedou máis remedio que conectarme pra ver de que ía a guerra, joder como estades os de Carral. LEÑA COÑO!!!
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/08/11/estudio-municipal-grabacion-sigue-cerrado-inauguracion/522568.html


jueves, 28 de julio de 2011

Tabla periodica dos Metais Pesados



O pasado Xoves estiven vendo a NEVERSIDE no Querostar. Despois do concerto pregunteille a Simón ,o batera dos "MadTown" e tipo versado na cultura heavy, que tipo de "Metal" era o que acabarámos de escoitar. A resposta deixoume un pouco confundido e casualmente hoxe un colega envioume esta tabla períodica que mo explica todo. Só hay que oir o grupo, e facer a consulta na tabla para diferenciar por exemplo o "Glam Metal " de "British New Wave Metal". Podédela descargar no Sites...

lunes, 25 de julio de 2011

Aviso aos dylanianos

Ei xente!! Como vai iso?
Cual comercial a comisión, escribo para avisarvos dunha oferta que teñen estes días na fnac e que pode interesarvos: un libro (máis ben libraco, que ten 1.300 páxinas...) con TODAS as letras de Dylan en inglés e en español.
A cousa valía sesenta euros, pero estano vendendo estes días por 19 (18 vía web)!! Eu pilleino e está chulo, as traducións son decentes, cada tema trae un pequeno comentario dun biógrafo, e tamén inclúe fotos e imaxes dos manuscritos orixinais.
Pois iso, unha suxerencia para friquis.
Saúde!!

sábado, 16 de julio de 2011

I Shot The Sheriff...

Colgado video, moito mellor que o orixinal, onde vai parar...
consultade o "tubo",
mentres, comparade...
O Marley tamén comezaba cando lle saía de aí:
http://www.youtube.com/watch?v=nrnZSLwfzVs
outra comparativa:
http://www.youtube.com/watch?v=APWhx97QvxE&feature=related

lunes, 11 de julio de 2011











































Dicirvos que o pasei que nin diola onte, eu e maila famila, graciñas por elo a Pi, Juan, Puskas, a parella que trouxo a cafetera, etc...

Non sei se o Xefe o pasaría tan ben, debeu quedar de guitarras ate os jüeviños e de todos nós tamén, de tódolos xeitos grazas por outro curso maxistral compañeiro, e compañeiros eiras de clase...

Por suposto as grazas tamén ao reporteiro da trupe que fixo un magnífico reportaxe dos dous días, aqui deixo as mostras do de onte, en canto me digades vos paso cd/copias...


Aos que non viñeron: chincha rabia rabiña, hala a cascala.


P.D.: vou tentar de colgar outro video no tubo, como di Pi, mais non prometo nada...













Ah, eu non teño o afinador do Alfredo

Aviso a los navegantes!

Hey you!!
Extraviado afinador (pelaje gris) en envento gastronómico. Se ruega a quien lo atope se comunique con Alfredo (ojo, el móvil está en el coche).
Se gratificará con un fantástico juego de boligrafo-mechero del Partido Popular.
Bicos

martes, 5 de julio de 2011

QUEROSTAR

Ei amigos

Non sei se sabiades que xa está en marcha o concurso QUEROSTAR que organiza a Sala The Star, e que algúns dos nosos compañeiros guitarristas están presentes con algúns grupiños: Rober Pier Trío, Ourizo e a Orquestra Aconfónica.


Se vos apetece pasarvos, podedes votar polos vosos grupos favoritos (ejem...) até o domingo.

E para o ano... os milepiqueros deberiamos apuntarnos!!!!

Saúde!!

jueves, 30 de junio de 2011

Domingo 10 de xullo - CHURRASQUEITOR

Amigos e amigas guitarristas!!!
Tal e como falamos o domingo despois da nosa memorable intervencion na feira de Carral, xa hai data para a churrascada musical deste ano: Sera o vindeiro domingo 10 de xullo no parque de Ans.
A ver se nos proximos dias podedes ir avisando aqui no blog de canta xente ven de cada casa, para poder encargar os viveres en funcion diso. E tAmen se alguen quere algo especial, fora de cervexa, vinho, auga, refrescos, empanada, churrasco de carne e ternera e algo de polo. Iso e o q tinha previsto, pero cambiase ou engadese o q faga falta
Mais nada guitarristas!!
A pasalo ben!!!!

miércoles, 29 de junio de 2011

...OUTRAS



Reportaxe gráfico





Bueeeno, pois grazas a Jose (pai de Eloi) que acaba de pasarme esta xolliña ireivos colgando fotos e máis fotos, a verdade que moi chuscas, de todo o persoal, simultaneamente ímos colgando no yutús, SI SEÑORES, NO YUTÚS!!! algunhas das cancións do repertorio, o son non é ningunha maravilla mais é algo testemuñal, non si???

martes, 28 de junio de 2011

lunes, 20 de junio de 2011

SET LIST




Esta e a foto dos temas que ten apuntados Luis. No SITE hay un documento con eso pasado a limpo, que se pode modificar se alguén ten algo que comentar...

De agasallo deixovos este link a THE CLAP. Para os mais atrevidos deixo un libriño de como se toca no SITE...
http://www.youtube.com/user/HoweEs175#p/u/9/1KN2qvtosmM

viernes, 17 de junio de 2011

Foliada na feira... dúbidas co cartel

Xente, como xa todos sabedes, este ano a esperada actuación de fin de curso será o vindeiro domingo 26 de xuño na feira da Carral. En plan música callejera. Pero de calidad, ojo!
Andaba eu dándolle unha volta ao carteliño, que como xa todos sabedes tamén, gústame fedellar nesas cousas. E non sei se me iría a pinza...
En fin, aí deixo a proposta do cartel, a min gústame o primeiro... as anotacións relixiosas son verídicas, por certo.
Deixo tamén unha alternativa por se efectivamente se me foi a pinza... usade o que queirades se queredes compartilo por aí. Eu levarei copias impresas mañá
Saúde!



(Si, xa sei, se en vez de andar con estas tonterías do cartel me puxera a practicar un pouco co baixo... que se lle vai facer...)

miércoles, 8 de junio de 2011

¡¡¡¡ O XEFE VAI TELONEAR A MAYALL ¡¡¡¡¡

O NOSO XEFE SUPREMO VAI TELONEAR A JOHN MAYALL NO CONCERTO Do VINDEIRO DIA 16 DE XUÑO NO PALEXCO CON CARLOS CHILDE NO CONCURSO QUE FIXO "A VOZ DE GALICIA".

¡¡ NORABOA LUIGI ¡¡¡

Por certo de 2º quedou: MIKI NERVIO e OS BLUESMAKERS que ten un guitarrista que tamen NOS E COÑECIDO .....

sábado, 30 de abril de 2011

Quedóuseme polo camiño, caaachisss...

Sorry, perdéuseme o outro video, aló vai. ollade como toca a guitarra un zurdo, o grande mestre COCO MONTOYA...
saudiña nenos e nenas, pasadeo ben e non magoarse... coné

Señor Freire repítame mil veces en su cuaderno "no volveré a faltar a clase de don Luis"...

...Moi boas rapaces, sinto non ter estado hoxe con todos vos no maxisterio do mestre blusmeiker, cuestións de índole político-xudeo-masónicas retivéronme noutro lado, agardo ao seguinte sábado e prometo ir con leción aprendida. En penitencia déixovos este par de temiñas de entre moitos, que a min sempre me puxeron os pelos de punta, hala a rañala por aí adiante...

miércoles, 13 de abril de 2011

CONCERTOS XOVES E VENRES !!!!!

Hola tropa. Ahí vai unha de concertos:
Xoves 14: Carlos Childe & The Trouppe no Forun Celticum do Burgo 23h (Hora estimada)
Venres 15: Miki Nervio & The Bluesmakers nos Xardíns de Méndez Núñez 21:00h (Horario familiar)
Vémonos de todas todas.
Aburiñoooooo e moito Blues!

sábado, 2 de abril de 2011

AS AFINACIÓNS ABERTAS, ESE NOVO UNIVERSO QUE SE NOS ABRE...

...colgadas instruccións sobor das afinacións abertas, hala a darlle leña nenos e nenas (están no sites do puskas)...
saúde,
coné

jueves, 17 de marzo de 2011

SONDEO: o sábado facemos clase ou non?

Ola xente!! Preguntan algúns se o sábado vai haber clase... a semana pasada eu non caera en que é o día do pai, e festivo. Acabo de falar con Luís e por el non hai problema, de feito contaba con dar clase, pero quedei en que sondeaba o terreo e mañá (venres) lle dicía se a facemos ou non, en función do que vos pareza...
Eu voto que si (pero non me enfado cos que voten que non eh!), pero se moitos dos demais contabades con descansar, pois no problemo! Vós diredes.
Iso si, dicídeo pronto, que mañá resolvo.
Saúde!

martes, 1 de marzo de 2011


¿ Quen se apunta o sabado 5 a unha papotada despois da clase....?
: )
(Seria en casa BIBIANA que esta preto de Tabeaio e costa sobre 20€)

sábado, 26 de febrero de 2011

Un bo enlace...

Pra os e as que mercan música aparte de baixala por algún outro medio, déixovos un bo enlace dunha tenda penso que catalana, onde merco de cando en vés algún disco interesante, recoméndovola...



www.buffalomail.com

lunes, 21 de febrero de 2011

Alguén ten que colgar novidades, OU???

Como foi o conto do sábado pasado en Carral?
Existe documento audiovisual do acto?
Mentres tanto, e pra que Puskas e Luigi conten os "ainous", aí vos poño o video da semán (entre outros evidentemente)
Cuidadito co do baixo, de aí copiaron o anuncio do 08888, madre que lo parió!!!

viernes, 11 de febrero de 2011

SABADO 19 AS SETE


XA ESTA O CARTEL ANUNCIANDO O EVENTO DO 19.

.. O SABADO PASADO FALAMOS QUE DESPOIS DA CLASE DO DIA 19 PODEMOS IR COMER UN LACONCIÑO A "CASA BIBIANA" ANTES DE DISFRUTAR DO CONCERTO. MAÑA FALÁMOLO NA CLASE .....

viernes, 28 de enero de 2011

A por ellas que son pocas y cobardes...

Buuueeeno, acabo de deixar no sites unhas coantas tablaturas, hala a rañala!!!
Buuueeeno déixovos o video da semán, todo un ídolo, é Joe Strummer cos Mescaleros, que en jloria esté, a disfrutarrrr...
saúde,
coné

miércoles, 26 de enero de 2011

Hola amiguiños. Acabo de subir Guitar Pro do Tetris, Piratas do Caribe,The Sunny side.. (aquelas fotacas da pizarra do ano pasado ) y Heart Shapped Box. Están sin homologar ( seguro que o xefe lles atopa miles de atrancos ) pero para ir dándolle una escoitada aá cousa.... Por certo estou supoñendo que todo o mundo ten o GP. Si non fora así pégade un comentario haber que se pode facer...

viernes, 21 de enero de 2011

Super MArio Completo

Xa está listo para descargar o tema de Super MArio para duas guitarras e baixo... penso que queda un pouco embarullado.
Mañá, sesión de Nirvana e Minor Swing.

jueves, 13 de enero de 2011

A ver, ahí vá mi propuesta....como guitarras tenemos sólo nos falta "Ella" ............



http://www.youtube.com/watch?v=dnYnpApOkQg

Y de un pedazo de disco de Luis Anstrong y Duke Ellintong:

http://www.youtube.com/watch?v=Q-f4-IeNQ3c

o esta:

http://www.youtube.com/watch?v=QlK5xi-Ep4Q

Un saludo

sábado, 8 de enero de 2011

...

Grazas Pi, érache iso. De proba e en agradecimento aí vos vai a miña proposta pra o vindeiro sábado, empézalle a buscar acordes en 7ª a isto Luilli...