miércoles, 3 de diciembre de 2014

Aproveitaremos pra relaxar, practicar e labores de mantemento como parece indicar o Puskas coa foto do abaixo. Mentres, déixovos por puro divertimento este video documento curioso, imaxino que algún xa o conheceredes...

martes, 18 de noviembre de 2014

There is a place...in my mind companheiros

Ei xente que case me olvido de vós! :P
Xa vexo que ides con bo ritmo, estou escoitando os temiñas. O de FIngerpicking que non falte jaj

Déixovos unha suxerencia destes fenómenos (a Children Medieval Band, non os Beatles..), a ver se se animan os cantantes... Apertas para todos, calquera destes días me paso por aí



pi

sábado, 8 de noviembre de 2014

Xa me diredes se vós non picariades  co temita. Eu coma un chino, xa estaba chamando á tenda pra que me ghardaran unha. Mi ghoso nun poso!!!
 
 

domingo, 2 de noviembre de 2014

Vou...
Xa era pra colgar outro día, esquecime, desculpas.


Era previo ao do Eric Clapton, agora parece que o deixamos á marxe, máis houbo un chino que mirou pra o blogue e envíanos isto dicindo en perfecto Galego que il xa se puxo as pilas e ten "interiorizado" o temita...

saúde,
coné

domingo, 26 de octubre de 2014

Got You On My Mind companheira Pi

Aínda tocaba ese Hammond Billy Preston...
E disque o Clpton se xubila, que vai maior, este non sabe de Leonard Cohen ou que?

A minha achega, unha rebiravolta a un clásico máis...

saúde,
coné

martes, 14 de octubre de 2014

Moi boas a tod@s. Xa que andamos de propostas pois aí vai outra. O tema é  "Toda una vida" de Oswaldo Farrés e a idea é facer un blues con fundamento e moito sentimento a poder ser... :)

http://youtu.be/xEKWAZwC9Ko


Em E7 Am Em C7 B7 Em Am Em
Intro

         Em   E7              Am
Tooda una vida, me estaría contigo,
                     Em                 B7
no me importa en qué forma, ni dónde ni cómo,
     C7      B7
pero junto a ti.
          Em  E7             Am
Tooda una vida, te estaría mimando,
              Em                   B7
te estaría cuidando, como cuido mi vida,
               Em
que la vivo por ti.
           D7                                     G
No me cansaría, de decirte siempre, pero siempre siempre,
               B7                                    D7 C7 B7
que eres en mi vida, ansiedad angustia, desperación.
         Em   E7              Am
Tooda una vida, me estaría contigo,
                     Em                 B7
no me importa en qué forma, ni dónde ni cómo,
              Em
pero junto a ti.

Em E7 Am Em B7 C7 B7   Em E7 Am Em B7 Em Am Em
Musica
           D7                                     G
No me cansaría, de decirte siempre, pero siempre siempre,
               B7                                    D7 C7 B7
que eres en mi vida, ansiedad angustia, desperación.
         Em   E7              Am
Tooda una vida, me estaría contigo,
                     Em                 B7
no me importa en qué forma, ni dónde ni cómo,
     C7   B7 Em  Am Em B7 Em
pero junto a ti.


E coma isto vai de blues aí van un par de videos que atopei. Conexión Blues. "Playing For Change".    

http://youtu.be/dXO_0BJdU84

http://youtu.be/GJtq6OmD-_Y

Saúde.


lunes, 6 de octubre de 2014

COMENZO CURSO 2014 - 2015

O VINDEIRO SABADO DIA 11 DE OUTUBRO EMPEZAMOS. EN ANS AS 11:30 O GRUPO DOS MAIORES Y AS 12:45 OS XOVENES. SUBIDE PROPOSTAS E CORREDE A BOLA.

NOVEDADES:

O CONTROL ECONOMICO/LOXISTICO DO CURSO LEVANO AGORA OS RAPACES DA ASOCIACIÓN MIL E PICO. ( E DICIR SÓ CHAMEDES A PI PARA AGRADECER OS SERVICIOS PRESTADOS OU INVITALA A UNHA BIRRA... )

OS PRECIOS  MANTEÑENSE COMO O ANO PASADO PERO PAGARANSE AS CATRO CLASES POR ADIANTADO.

OS HORARIOS VAN SER PARECIDOS, PERO AHINDA HAI QUE PERFILAR COMO QUEDA O DOS PEQUECHOS E POIDA QUE ISO MODIFIQUE UN POUCO O HORARIO DO RESTO.

POUCO MAIS.

VEMONOS O SABADO




     

viernes, 3 de octubre de 2014

REUNION CURSO 2014-2015

Hola.

    O Sábado 4 de este mes de Outubro, as 12 da mañan en Ans, está programada a reunión de comenzo do curso de este ano. Facerase co a xente de MILEPICO que se van a encargar este ano da loxistica e control do curso. Supoño que o comenzo será o vindeiro Sábado 11 pero si non podedes achegarvos, estade atentos o blog.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

Grupo de ai uns anos son de algúns máis.....Saúde.

http://youtu.be/30v4mwKmpXE

http://youtu.be/8N2AXMznFH8

http://youtu.be/3zwsiIuQ9W0



jueves, 21 de agosto de 2014

Moi boas a tod@s. Por se alguén lle justa...

http://youtu.be/E0dTvw3zoWg

video

lunes, 4 de agosto de 2014

 
Pois si que por este País, gran País, hai grandes bandas, grandes músicos e gran música...

miércoles, 30 de julio de 2014

ERIC BIBB

Hai uns dias fun ver a ERIC BIBB no Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. Si algunha vez tedes oportunidade de ir a un concerto del, non o perdades porque paga a pena.


https://www.youtube.com/watch?v=Ds1faZB4QSc

martes, 22 de julio de 2014

O GRANDE XEFE DA SEÑAIS DE VIDA...


Boa tarde queridas  e queridos.

Móvese menos este blogue que o bamdullo de Carpanta (os máis novos se non coñecen á personaxe que miren na Wikipedia).
Imos ver, recado do Grande Xefe que a estas horas está sobando como un bendito logo de múltiples turnés "non remuneradas" (por se isto o está vendo algún ianqui chivato). Tiven falando onte conil (vou poñer a data porque senón pra cando o vexades caeron chhuzos, 21 de xullo) por guasás; o está a pasar que nin diola, tocando pouco, iso si e movéndose moito, estaba en Chicago (Capitola, ao lado de Santa Cruz), ven de estar en Pórtland e vaise logo pra Los Angeles.
Deixa acó colgada foto do Pórtland Blues Festival, onde polo visto estivo o Greg Allman mais él non o víu, falamos do pasamento do xefe Johny Winter e de que hai que facer unha das súas pra outubro, asi que ide mirando algunha antes de que mire él que logo xa sabedes o que pasa (é broma)...
 



viernes, 20 de junio de 2014

Comida e arrimo monetario

Ola outra vez. Un pequeno aviso sobre as contas do curso: ao final si que vai haber que arrimarlle 10 euriños por cabeza para deixar liquidado ese medio mes que quedaba pendente... Eu quería facer uns libriños con partituras, vendelos e sacar de aí a pasta, pero non me deu tempo... fixen algo a medias pero queda unha trapallada... síntoo, sonvos así de desastriño :( Así que contade con iso para o sábado, porfa.

E sobre a comida, todo en orde, en principio somos 13 (luis, alfredo, fran, edu, balta, xesús, puscas, catu, antón, suso, martín, xan e eu) pero se hai incorporacións de última hora non pasa nada. Avisádeme se podedes.

Saúdos!

jueves, 19 de junio de 2014

Concerto Fununcan

Boas xente. Por petición popular (bueno, en realidade só mo pediu Alfredo, jeje) déixovos aquí un cachiño do concerto de Fununcan o sábado pasado no Mil e Pico Troulas. A ver que vos paece!
Saúde, vémonos o sábado!!



p.d. o son é o do escenario, de monitores, supoño que abaixo se oiría mellor...

jueves, 12 de junio de 2014

sábado, 7 de junio de 2014

Quen era o que tiña o trebello este???
pois hala, a coller recortes...


    
                                    Madre que lo parió!!!

jueves, 5 de junio de 2014

Moi boas a tod@s. Xa sei que non son a alegría da orta pero son grandes estas duas....Saúde.

http://youtu.be/Zvxsr9C5Ets

 http://youtu.be/vZH88_3WmH4


miércoles, 4 de junio de 2014

Magoa, ca de tempiño que teño pasado con esta tropa, en fin a ver se se volven xuntar nalgures...snif. Van dúas pequenas mostras...


 
saúde e rocanrol,
que boa falta nos fai...

O XEFE TOLEOU POLA PENEIRAAAAA!!!!

NOOOON XEFE NON O FAGHAS!!!
QUE IANQUILANDIA NON CHE CEGHE A VISTA!!!


O XEFE QUERE IR GHUAPO A LAS AMÉRICAS



jueves, 22 de mayo de 2014

Cousas de última hora...

Ola xente!

Eu apúntome ao carro de propostas de última hora, máis que nada porque me dá rabia que este ano non fagamos ningunha en galego. Así que hai van dúas opcións de blues autóctono, pensando en principio para o grupo dos rapaces pero oyeloquesurja:

1ª opción: Sés - Porco blues. Un blues normal y corriente, a guitarra debería ser factible e a voz seguro que tamén, que isto para Catu ha de ser calderilla :) Hai máis versións en directo por aí no tubo, e a do disco está no spotify, pero a min mólame esta.



2ª opción: Familia Caamagno - Surfistas Nazis. Tamén hai vídeos en directo deste tema por aquí.



3ª opción: Ataque Escampe - A Vitoria. Xa non me acordaba desta, que a chegaramos a mirar e todo. Pero se cadra é demasiado liada e ademais tamén lentorra... Bueno déixoa aquí por se acaso.



Eu hei de levar os temas e as letras o sábado, pero se non molan ou a cousa vai moi xusta, pois non pasa nada! Quedan aquí os temas para a posteridade e para as nosas orellas, que tamén o merecen.

Por último, e xa paro que son unha brasas, o concerto do día 14 para que se confirma que será pola mañá, pois o noso maese Luigi ten outra historia á tarde. Xa veremos onde e como. A comida igual hai que movela, que Alfredo (e se cadra Luís tampouco) non están, falamos o sábado.

Aiaiai unha última cousa, un pouco de autobombo :) Déixovos aquí un dos tres temas que acabamos de sacar Fununcan para celebrar o día das letras, os tres traducidos do finés ao galego. Este é Kapytemppeli, en www.fununca.com están os tres. Ala, agora si. chao

miércoles, 14 de mayo de 2014

OCHICHORNIA TETRIS

TETRIS - OCHI CHORNIA copia do documento orixinal do ano 2011 escaneado pois non o atopei en formato electrónico. Por certo o Sábado 17 é festivo pero entendo que nós como si chove.....

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxtaWxlcGljb2d1aXRhcnJhfGd4OjI0ODJkNDA2YWY0ZWJhMjg