jueves, 20 de septiembre de 2012

Un par de vídeos

A ver, por fin me acordei de poñer os vídeos dos que falei ultimamente:
Primeiro o concerto de Seasick Steve no ultimo Pinkpop. Guitarras feitas con tapacubos, caixas de habanos, cachos de motos... mola!


E agora o documental 'Big Easy Express', sobre a xira que fixeron polos EUA tres grupos medio hippies-bluegrassianos de nomes enrevesados, todos metidos nun tren: Edward Sharpe & The Magnetic Zeros (dos Ángeles), Old Crow Medicine Show (de Nashville) e Mumford & Sons (de Londres). Parecen unha secta de músicos felices. O docu e o musiqueo, e sobre todo as juergas no escenario (nalgún concerto debe de haber 40 persoas tocando a un tempo) molan.
Poño aquí o trailer, pero podedes descargar o docu completo, en versión orixinal, aquí: http://www.1channel.ch/watch-2734394-Big-Easy-Express


Por certo, que din con este docu e con moitos outros grazas ao tremendo Documaniático, que antes tiña un blog pero que agora se move polo Facebook: http://www.facebook.com/pages/Documani%C3%A1tico/101685213237654?ref=ts

E para rematar o sermón, unhas fotiños duns verdadeiros músicos, auténticos bluesmen e blueswomen nunha auténtica taberna roqueira. Hai algún vídeo tamén, pero de momento só se move polo mercado negro...



P.D. Por certo que vos parece inaugurar o curso o 6 de outubro?

2 comentarios:

  1. Xa que naide se arranca.
    Moi bos os videos Pi, e por min perfecto, o 6 de outubro...
    saúde,
    coné

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por mín tamén perfecto, decídemo por que hai un par de "altas" para decirlles que día empezamos

      Saúdos

      FRAN

      Eliminar