martes, 11 de octubre de 2011

Tal e como falamos o sábado, eis os detalles do curso deste ano

- En principio faremos tres grupos con tres horarios diferentes:
  • 10:15 - 11:00 - Infantil
  • 11:00 - 12:00 - Iniciación
  • 12:00 - 14:00 - Perfeccionamento. Este último poderiamos subdividlo en dous grupos en función do repertorio ou se vemos que somos demasiados para non tolear
- As cotas mantéñense, tamén en principio (se hai alumnos que se dan de baixa é posible que haxa que subilas, pero mentres tanto cubrimos), como o ano pasado, con dúas tarifas en función da idade do alumno. Cobrarase igual que o ano pasado, cada catro clases.
  • Até os 16 anos - 20 euros ao mes
  • 16 anos ou máis - 25 euros ao mes
- E agora, o código deontóloxico...
  • Vir afinado e estar caladiiiiños e nas clases. No grupo das 12 somos moitos e montamos moito follón...
  • Practicar na casa. O mellor remedio contra o barullo das clases é levar mirados os temas e os exercicios.
  • Preparar os temas. Se alguén quere incluír unha canción no repertorio, que se faga cargo de traer a estrutura ou algo preparado
Máis nada, vémonos o sábado!

1 comentario: