martes, 9 de noviembre de 2010

Hoxe: Reunión sobre a Mil e Pico

Rapaces, esta tarde-noite vai haber unha reunión aberta sobre o futuro da asociación Mil e Pico. Como sabedes, a Mil e Pico leva bastante tempo algo parada (entre outras cousas pola decisión unilateral do cura de cortar a luz do local...) e precisa de xente e ideas novas para desantracarse. Así que se tedes algo que achegar ou se vos apetece participar nunha nova fase da asociación, non faltedes. Estades todos convidados
A reunión é hoxe, xoves 11 de novembro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura (sala de audiovisuais)
Vémonos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario