viernes, 19 de octubre de 2012
Sleepwalk
Esta é a versión "fácil". Máis ou menos o que tocan Santo & Johnny. Xa a complicaremos un pouco, como fai Brian Setzer jeje.http://www.youtube.com/watch?v=ogxTQXAgY3Q
lunes, 15 de octubre de 2012
O sábado 20 a clase é en ANS
Ola xente. Aquí Pilar. Tal e como falamos, recordade que o vindeiro sábado, 20 de outubro, non podemos dar a clase en Tabeiao porque o local está ocupado polas eleccións, así que ese día trasladarémonos ao local social de Ans, que está xusto enriba do local de ensaio, no parque de Ans.
Aí vai un mapiña para os que non saiban onde queda iso...
Ver Parque de Ans - Carral en un mapa más grande
Basicamente pódese acceder directamente desde a N-550 pola pistiña esa, aínda que non é moi recomendable, ou meténdose pola carpintería Medeira e bordeando todo o Casal. Se non dades chegado, chamádeme que vos explico.
O sábado seguinte, 27 outubro, volvemos ao noso Tabeiao natural.
Saúde!

domingo, 14 de octubre de 2012
lunes, 8 de octubre de 2012
CURSO 2012-2013: Grupos e horarios
Ola xente!
Deixo aquí e detalle da organización do curso deste ano segundo o falado o pasado sábado na clase. Aí van os grupos e horarios, polo menos para as primeiras semanas, se despois non nos convence sempre podemos repensalo.
10:00 - 11:00 >> Grupo NENOS (Jonathan, Ariadna, Diego, María, Facundo, a sobriña de Tino...)
11:00 - 12:30 >> Grupo PURETILLAS (Tino, Pablo Litos, Puscas, Fran, Edu, Alfredo, Balta e cia, Pi, Marcos?, Xesús? Pablo Limiñón?...)
12:30 - 14:00 >> Grupo CHAVALADA (Eloy, Joan, Isaac, Antón, Marina, Catuxa, Rita, Carmen, Pablo...)
Xa digo que isto non é fixo nin inamomible nin nada diso. Cada un que se acople ao grupo que mellor lle veña por horario, ou ao que máis lle mole, ou aos dous, ou que vaia probando. Eu, por exemplo, seguramente vaia bailando dependendo do día.
A idea é facer dous grupos porque somos demasiado para un só grupo, e en vez de separarnos por 'niveis' pensamos en facelo por 'afinidades/idade'. Puxen en interrogantes o caso da xente que non veu o sábado e que non sei o que preferirá.
Os prezos mantéñense como o ano pasado:
- 25 euros / mes para maiores de 16 anos
- 20 euros / mes para 16 ou menos
- 15 euros para o grupo dos nenos
*Desconto de 5 euros por cabeza para familias
E o dito, as clases comezan este sábado, 13 de outubro, nos horarios indicados arriba. Vémonos alí, a pasalo ben!!

sábado, 6 de octubre de 2012
martes, 2 de octubre de 2012
The Lost Fingers
Hello xente.
Se por un casual non podedes vir ó fabuloso concerto dos Miki Nervio & The Bluesmakers o venres na Capitol de Santiago polo módico precio de 5€, que sepades que "The Lost Fingers" estará no teatro Colón de Coruña. (Creo que a entrada ronda os 20 pavos).
Vémonos o sábado!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)