martes, 5 de junio de 2012

Concerto de fin de curso - 8 de xullo

Ola xente!
A ver, despois de andar tanteando e cadrando axendas cuns e outros, parece que se confirma o DOMINGO 8 DE XULLO como o día do concerto de fin de curso. O esperado evento será, se non tedes inconvintes, na terraza da recién inaugurada Cluberna Lume e Ferro (a de Peter de toda a vida, vaia), a iso das 19:00 da tarde. E contaremos cun pofesional para que nos traia o sonido e faga soar as cordas coma se fosen fermosos cabelos dourados de anxiños... jeje
Todo isto, se vos parece ben, claro
Queda por concretar cando faremos a churrascada de rigor. Acéptanse suxerencias, pero tendo en conta que Luís non está nin o 7 nin o 14 de xullo, que vos parece o sábado 21-xullo? ou o domingo 15-xullo?
Vós diredes! Saúde!

P.D. en teoría a última clase será o 23 de xuño, pero se cadra molaba facer unha máis... falámolo este sábado vale?

7 comentarios:

  1. Pues yo igual tengo un problema con esa fecha, porque voy a tener un campus en la universidad del 1 al 7 o del 8 al 14. Si es el primer caso no pasa nada, pero como sea el segundo no voy a estar. A ver si esta semana me dicen cuándo lo tengo.

    ResponderEliminar
  2. 1-A mín dame igual o 21 sábado ou o 15 domingo.
    2-Esperemos que o campus de Steve Eloy Vaughan non coincida.
    3-Se rematamos o 23 quedan 3 clases. Hai que empezar co ensaio xeral.
    4-¡Cordas de cabelo de anxo! ¡a ver quen non as papa!

    ResponderEliminar
  3. A mandar, que calquer día é bo. Iso sí, que non me pete o sol na chiminea, por que os jorros quédanme de pena! A que sí Pusk?
    Alfredo

    ResponderEliminar
  4. 1.-Se quedan 3 clases podíamolas facer : a do 9 de xuño , o 30 de xuño e o 7 de xullo porque ...si rematamos o 23 e no nos vemos ata o 8 de xullo .....non sei eu...
    2.-Alf, non é que che queden mal os gorros, pero os teus modelos son mais para ir ás troitas que para facer fingerpicking...
    3.- ..O das Cordas cabelo de anxo non o collo....(seguramente será unha mensaxe encriptada do noso sumo sacerdote).

    ResponderEliminar
  5. En resposta a Puskas:
    1.1- ¿Entón non fariamos a clase do 23? por ser San Xoan, supoño.
    2.2- Non vou entrar noi tema dos gorros.
    3.1- Igual o meu cerebro reblandecido polo abuso de ragtime intenta facer coñas tan rebuscadas que ninguén as entende (de ser así avisádeme)
    3.2- Mais se lees con atención a mensaxe de Pi, no párrafo 2, versículo 3º : "...E contaremos cun pofesional para que nos traia o sonido e faga soar as cordas coma se fosen fermosos cabelos dourados de anxiños... jeje" me parece que pillar a coña non era tan complicado, ¿non? (hala,xa perdeu toda a gracia, pero parece talmente sacado das sagradas escrituras, jojo me partoooo)
    4- Si.Definitivamente estou mal.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que era doado de pillar o dos anxos...En fin eu xa sabía que tarde ou cedo tantas horas de botellón me pasarían factura...

      Eliminar