Ei xente!
Que xa volvo estar liada co calendario... que pesada son!!
O caso é que parece que ao final nos vai mellor a todos o domingo 15 de xullo para o concerto de fin de curso, así que se non hai novidade marcádeo nas axendas vale?
E como daquí ao 15 de xullo hai moito tempo e tamén hai moito que ensaiar, pois a idea é facer un mes máis de clases para non perder comba. A cousa quedaría así:
- 16xuño: última clase deste mes (xa sabedes que eu conto un mes por cada catro clases, nada de lúas nin calendario convencional niná bahhh pamplinas)
- 23xuño, 30xuño, 7xullo, 14xullo: clases do último mes
- 15xullo: concerto final, daí ao estrellato!
Queda por ver cando facemos a churrascada de rigor, ímolo falando/escribindo que aínda hai tempo non?
Saúde pa todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario