Eeei
Un pequeno cambio de plans sobre o comezo das clases: comezarán finalmente o 8 de outubro (para o día 1 non lle daba tempo a Luís a volver das vacacións). Por ser o primeiro día, quedamos ás 11:30, para coñecer as caras novas (xa hai algunhas confirmadas, pero seguide reclutando...) e facer os grupos e os horarios. En Tabeaio, coma sempre
Correcto???
Para amenizar a espera, un documento impresionante, iso si que é botar por fóra...:
Saúde!
martes, 27 de septiembre de 2011
jueves, 1 de septiembre de 2011
MOONDOGS BLUES PARTY
O pasado xoves 25 actuaron no Querostar. O primeiro disco que teñen chámase " o cadelo lunático" e podese baixar de balde desde a súa páxina. Pásovos o enlace :
http://www.moondogsbluesparty.com/images/stories/descargas/MBP_OCadeloLunatico.zip

miércoles, 24 de agosto de 2011
Comezamos en setembro??
Ei xente guitarrista!!! Como levades o mono de clases?
Que vos parece comezar xa en setembro. Polo que estiven falando con algúns de vós, a xente prefire comezar canto antes, e como ademais este ano temos un cartel chulísimo para anunciar as clases, unha obra de arte do señor Coné, pois eu xa teño ganas de estrenalos!!
Que vos parece se facemos unha primeira quedada o sábado 17 de setembro, despois das festas, para ir mirando cantos imos ser, como podemos facer os grupos e calcular tamén o tema das cuotas. E para falar de como nos foi o verán e todo iso. E tocarlle unha tamén!!
Por certo, sobre as cuotas xa adianto que se non sumamos uns cantos pupilos novos creo que imos ter que subir cinco euriños as mensualidades, a 30 euros (e 25 para menores de 16)...
Máis nada, vós diredes o que vos parece o de que quedar o 17. Ah! e en calquera caso ídeo comentando por aí, sobre todo entre a chavalada, a ver se nos apuntan máis cativos!!
Entretanto, aí vai o cartelazo de Coné. A desfrutalo!!

viernes, 12 de agosto de 2011
Unha de videos
Acabo de ver isto e non podo por menos que propoñer esta "proposta" como axercicio pra o vindeiro curso, proposta integral e por suposto, no campo da feira ou mesmo na rúa Real da Coruña, hala...
http://www.youtube.com/watch?v=DvrV-Og0cFk&feature=related
Está ben esta outra...
http://www.youtube.com/watch?v=bQyWmaTSzNs&feature=related
Mais sen dúbidas...
http://www.youtube.com/watch?v=qJ4Qn4HGY50&feature=related
haala, hai queda a cousa...
saúde,
coné

jueves, 11 de agosto de 2011
EN CARRAL SE ESTÁN MOSQUEANDO
O teléfono non paraba, non sei se a Fran lle pasou o mesmo, ademais eu que estaba desconectado de prensa e radio non me quedou máis remedio que conectarme pra ver de que ía a guerra, joder como estades os de Carral. LEÑA COÑO!!!
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/08/11/estudio-municipal-grabacion-sigue-cerrado-inauguracion/522568.html

jueves, 28 de julio de 2011
Tabla periodica dos Metais Pesados

O pasado Xoves estiven vendo a NEVERSIDE no Querostar. Despois do concerto pregunteille a Simón ,o batera dos "MadTown" e tipo versado na cultura heavy, que tipo de "Metal" era o que acabarámos de escoitar. A resposta deixoume un pouco confundido e casualmente hoxe un colega envioume esta tabla períodica que mo explica todo. Só hay que oir o grupo, e facer a consulta na tabla para diferenciar por exemplo o "Glam Metal " de "British New Wave Metal". Podédela descargar no Sites...
lunes, 25 de julio de 2011
Aviso aos dylanianos
Ei xente!! Como vai iso?
Cual comercial a comisión, escribo para avisarvos dunha oferta que teñen estes días na fnac e que pode interesarvos: un libro (máis ben libraco, que ten 1.300 páxinas...) con TODAS as letras de Dylan en inglés e en español.
A cousa valía sesenta euros, pero estano vendendo estes días por 19 (18 vía web)!! Eu pilleino e está chulo, as traducións son decentes, cada tema trae un pequeno comentario dun biógrafo, e tamén inclúe fotos e imaxes dos manuscritos orixinais.
Pois iso, unha suxerencia para friquis.
Saúde!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)