miércoles, 24 de agosto de 2011

Comezamos en setembro??

Ei xente guitarrista!!! Como levades o mono de clases?
Que vos parece comezar xa en setembro. Polo que estiven falando con algúns de vós, a xente prefire comezar canto antes, e como ademais este ano temos un cartel chulísimo para anunciar as clases, unha obra de arte do señor Coné, pois eu xa teño ganas de estrenalos!!
Que vos parece se facemos unha primeira quedada o sábado 17 de setembro, despois das festas, para ir mirando cantos imos ser, como podemos facer os grupos e calcular tamén o tema das cuotas. E para falar de como nos foi o verán e todo iso. E tocarlle unha tamén!!
Por certo, sobre as cuotas xa adianto que se non sumamos uns cantos pupilos novos creo que imos ter que subir cinco euriños as mensualidades, a 30 euros (e 25 para menores de 16)...
Máis nada, vós diredes o que vos parece o de que quedar o 17. Ah! e en calquera caso ídeo comentando por aí, sobre todo entre a chavalada, a ver se nos apuntan máis cativos!!

Entretanto, aí vai o cartelazo de Coné. A desfrutalo!!

5 comentarios:

  1. Ei amigos!! Que hai cambio de plans!!
    Acabo de falar con Luís e el estará de vacacións a finais de setembro, así que até outubro non podemos empezar, o xefe é o xefe!!
    En principio quedariamos o día 1 de outubro, pero xa o confirmarei
    Perdón pola confusión...

    ResponderEliminar
  2. Saudos amigos dende Santander. Seguimos coa xira, xa vos contarei. Joan, onde comprasteis a empanada? Mira que estaba boa!!! (gracinhas mil) Eduardo,non me pasa nada, e que esta computadora e ianqui e non ten til nin enhes. me parto de risa co cartel... non hai continuacion? Bicos & apertas!

    ResponderEliminar
  3. Tino di: xa os vin mellores

    ResponderEliminar
  4. Tino di: era broma, esta moi logrado.

    ResponderEliminar