Ola outra vez. Un pequeno aviso sobre as contas do curso: ao final si que vai haber que arrimarlle 10 euriños por cabeza para deixar liquidado ese medio mes que quedaba pendente... Eu quería facer uns libriños con partituras, vendelos e sacar de aí a pasta, pero non me deu tempo... fixen algo a medias pero queda unha trapallada... síntoo, sonvos así de desastriño :( Así que contade con iso para o sábado, porfa.
E sobre a comida, todo en orde, en principio somos 13 (luis, alfredo, fran, edu, balta, xesús, puscas, catu, antón, suso, martín, xan e eu) pero se hai incorporacións de última hora non pasa nada. Avisádeme se podedes.
Saúdos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario