lunes, 1 de julio de 2013

AGGG, PI FALA RARO!!!

Querida Pi dende o cariño cho digo:


Faino mirar. Que se "clavelitos", agora "bravo por la música". Temos que mirarlle todos na caluga ha ver se ten una ferida como naquela peli dos alieníxenas invasores que duplicaban aos humanos cunhas vainas ( A invasión dos ladróns de corpos)...

A parte disto, e desculpa a brincadeira querida amiga, van fotos fresquiñas de pola mañán do camarada Xose e a súa inseparabel cámara de gardar imaxes inesquecibeis..Hai tamén videos pero pesan un montonazo, así que pasareillas a Puskas e que dispoña coma ben queira, mesmo pode xuntalas coas outras que xa lle pasou Xose. Hai moitas máis...





.

 

2 comentarios:

  1. joé que capullos!!
    O de bravo por la música non era máis ca un enunciado feliz froitos dos efluvios etílicos e dun momentum supremo de amor e alegría. Tranquis que a juan pardo aínda non cheguei.
    Sobre clavelitos, iso si, reafírmome. Clavelitos forever.

    Que todo isto non quita, coidado, que teña eu algún xen alieníxina, non digo que non, pero a ver... que tire a primeira pedra o que poida presumir de cordura terrenal, que aquí o que máis e o que menos ten un puntiño...

    Ah, eu tamén teño fotos e vídeos, subirei en breve algún ao YouTube, os máis decentes. Pero non teño ningunha das de grupo, subide algunha porfa.

    ResponderEliminar
  2. Algún máis ca un puntiño, que cho digo eu...
    Xóse pasoume un cd con trope fotos e 4 ou 5 videos, estiven intentando colgar no tubo pero foi imposibel a rede ía coma o cú e non houbo xeito, se cadra podo intentalo pola tarde, probarei, prometoo...
    bicos e apertas dun de Oza
    saúde,
    coné

    ResponderEliminar