martes, 25 de junio de 2013

Concerto e caralladas FIN DE CURSO

Ola!! Aquí Pi outra vez monopolizando o blog.
A ver, déixovos por aquí o carteliño que acabo de montar con algunha das artistadas que preparou o Coné, que debuxa case tan ben como toca!! E ollo que aquí non está todo, temos gardados no caixón uns gravados que parecen nin máis nin menos que de Castelao ou Goya, pero con temática sureña, xa veredes xa...
Hoxe vou ir ata Carral e imprimirei e pegarei algúns por aí, se alguén quere copias que me avise e déixollas onde me digades.



Máis cousas: finalmente acordamos que o domingo despois da actuación na feira iremos todos a comer á bodega O ALPRENDE. Xa está apalabrado con eles o tema (raxo, tortilla, calamares, empanada, orella, etc., os cartos non sei seguro aínda pero serán poucos, que algo de bote xa hai) , pero estaría ben ir afinando cantos imos ser o máximo posible, así que ide pensando quen queda a comer e cantos veñen de cada casa e dicídemo o sábado, etc porque eu quedei cos taberneiros en darlles os detalles máis pechadiños o sábado ao mediodía.

Para liquidarmos tamén o tema das contas, que xa me saen polas orellas (o ano que vén, e desta vez si, retírome disto, xa aviso...), se non anotei mal, que igual si, quedan as seguintes cotas pendentes: Rita (2 cotas), Joan (2 cotas), Eloy (1 cota), Isaac (2 cotas), Tino e fla (1 cota), Edu (1 cota), Carlos e fla. (1 cota) e dos nenos: Laura con 3 (?), Andrea con 2 e Borja, Nerea&Araceli e Nerea&Raúl con 1 cada un.

Ala xa está, vémonos o sábado para acabar de ensaiar o do domingo. Isto é un no parar chico!

p.d. coma sempre haberá algunha caralladiña para todos, este ano de nivel eh :)

2 comentarios:

  1. Ahhh e outra cousa que me olvidaba!! O outro día no último grupo quedamos en que falabamos polo blog de a ver que tema faciliño de tocar e de cantar facemos ao final de todo para tocar e cantar todos xuntos, público incluído.
    Mellor algo en galego ou en español. Sempre podemos repetir Maneras de vivir, pero molaba cambiar non?
    mmmm
    Que vos parece CLAVELITOS?
    http://www.tusacordes.com/secciones/ver_tema.php?id=4424

    Son poucos acordes, e bastante fáciles non? E é un temazo

    Vós diredes, dáde ideas!

    ResponderEliminar
  2. Cool o cartel! Pero eso de Clavelitos..., glup!
    En fin..
    Alf

    ResponderEliminar