...non fai falta acabar enterrados no mar como dicía Víctor Jara, pero si que hai que ir pensando no evento carniceiro-musical por excelencia nesta nosa comunidade.
E o caso é que o calendario está complicado... falaramos de facer o churrasco o último sábado de agosto, ou sexa, este sábado 25. Cónstame que polo menos a min e a Luís válenos (aínda que habería que poñerse a orjanisalo xa), pero creo que á tribo dos Puscas non lle vén moi ben esta finde, e está claro que os puscanianos son dos imprescindibles...
O seguinte sábado, 1 de setembro, non pode Luís, que ten concerto. E o seguinte, 8 de setembro, son as festas de Carral, así que supoño que tamén queda descartado porque haberá que ir tomar o bermú ou? E o seguinte xa é tardísimo para eventos en exterior e Luís marcha de viaxes...
Total, que eu diría de reprogramalo para un domingo, o 2 de setembro, que vos parece?? Haberá que ir o luns traballar cun pouco de resaca, pero... en peores plazas hemos toreado jejeje
Só é unha idea, vós diredes.
E para aliviar este estrés de calendario, aí vai unha pequena escolma das nosas fotos do concerto. A de Edu é boísima, ten todas as papeletas para o cartel do curso que vén.
yo por mi perfecto
ResponderEliminarNo problem.
ResponderEliminarAlf.
Penso que non hai problemo...
ResponderEliminarsaúde,
coné
Oes Puskas, que carallo me preguntas do Steve Earle???
ResponderEliminarSerá polo da serie de TREME??? Se é asi, non sei en que tempada ían en Espuña (3ª ou 4ª)...
Xa dirás
saúde,
coné
De Treme van dúas temporadas, en setembro estréase a terceira (falo de USA & internes), en España non sei quen o emitía, creo que canal+.
ResponderEliminarPero o steve earle xa non vai saír na terceira.
Daquela parece que vai callando o do domingo 2 setembro non?
Iso parece... A ver Fran, Tino, Puskas, Eloi....
ResponderEliminarPor nosotros bien, tres "y media" para comer.
ResponderEliminarPor min non hai problema
ResponderEliminarFran
Por min tampouco.
ResponderEliminarTino
A ver logo, orjanisasao!!
ResponderEliminarA ver se damos sabido cantos somos antes do sábado, aí vai unha lista coas miñas suposicións de xente por casa (non conto aos máis pequenos como Diego ou a irmá de Eloi, e no número xa vai incluído o cabeza de familia). Por favor, avisádeme co que haxa cambiar, a xente que falta, etc. que poño ou quito nun plis plas.
Eu xa me encargo de falar con Marcos, e hei de avisar tamén a Jonathan e Ariadna por se quixeran pasarse. De Rita e Isaac supoño que saberán algo Antón e Catu, xa me diredes.
E se el non se manifesta por estas vías tamén chamarei a Juan de Ortigueira.
- Luis x 1
- Edu x 3
- Puscas x 7
- Alfredo x 3
- Fran x 1
- Eloy x 3
- Pi x 2
- Joan x 1
- Tino x 4
- Rita x 3 ??
- Marcos x 1?
- Isaac x 3?
- Juan x 1?
A miña idea, se non tedes outra, é manter o destes anos: empanada, churrasco (a poder ser cerdo e ternera) e uns zancos de polo. Xa me encargo eu de encargar todo iso, a bebida e o pan. Se alguén quixera levar tortilla ou algo da casa que avise para quitarlle ao outro.
Quedaría por argallar algo de froita e algún postre, se alguén se encargara diso estaría ben. E alguén se terá que encargar tamén de facer o churrasco, claro.
Calculo que podería saír por apx 10-12€ por adulto e algo menos para os nenos, pero mellor botamos as contas ese día.
Sobre os horarios, pois supoño que a partir das 11:30-12:00 xa andaremos por alí, coa idea de comer sobre as 15:00, parécevos ben??
E unha última cuestión: ese día coincide que hai SESIÓN DE MICRO ABERTO NO LUME E FERRO. Podería estar ben rematar a festa alí (iso si, non moi tarde, ás 19 ou 20, que ás dez ten que rematar) e tocar algúns dos nosos jits??? Que dicides?
Alaaa espero noticias e confirmacións. Podedes avisarme por aquí, no tlf ou avisar a Puscas tamén vale.
O comentario máis longo da historia de internet!
Un biscoito casero por esta banda.
ResponderEliminar!NON SE ACEPTAN RECLAMACIONS!
Entre todos iremos dándolle ó asunto.
Alf.
Cuenta con nosotros 3 también!
ResponderEliminarRita
Ratifico que seremos 3.
ResponderEliminarO do Steve Earle dicir que palmou (o seu personaxe) nesta tempada que estaban botando, ou polo menos eu o vía en TCM (en R), unha màgoa porque o facía ben o tipo, Mais sigo sen saber se o Puskas referíase a íso, No resto totalmente de acordo seña Pi...
saúde,
coné
Coné...eu mandeiche unha foto da placa da rua "Dominick street" desde Dublin e comentábache que non vin a Steviño por alí ( non sabía nin que traballaba nunha serie...).vémonos o domingo e botamos un grolo...
Eliminarpuskas
Bueno estou encantado k sigades contado conmigo para estes eventos ,incluso estando no extranxeiro jjjeee...
ResponderEliminareu o sabado 1 teño xurrascada e non creo k o meu corpiño aguantase outra o domingo,aparte da miña limitacion do coche,agora vou a pe a todolos lados,tiñades k ver vai pernazas jjjeee...
cando este liberado e poda conducir prometo dar unha visita e levar unhas lanvetadas pa tod@s
k sepades k estades estupendos nas fotos,vexo k non perdedes oportunidad de kedar pa unha paparota asi me gusta...xa poderiades ampliar a un blog gastronomico jjjjeeee
bueno unha aperta pa tod@s,lojo nos veremos...
un saudo
juan