Xente! Logo dunha breve aventura belgoholandesa, xa estou de volta e argallando os preparativos do concerto. Xa está o concello avisado, os permisos pedidos, o técnico de son encargado (por certo, mañá hai que facer un pequeno rider), o escenario apalabrado (Ares ofreceuse amablamente a montarnos un dos seus remolques) e os convidados especiais (Ares e Manolo na percusión e Sés para cantar con Catu) convocados para os dous próximos ensaios. Mañá -tecnicamente hoxe- en principio vaise pasar Sés a aquelar a versión do seu tema.
Case me olvido do cartel, así que acabo de pillar unha plantilla e fixen un a correr, a ver se vos gusta. Se non, tedes exactamente dez horas (iso si que son prazos razonables eh! sínto...) para falar ou calar para sempre, porque a idea é levalos mañá impresos á clase para repartilos e ilos pegando por aí.
Aí queda o cartel, moi 'a la americana'. Abur!
Unha preguntiña de última hora, se pode ser
ResponderEliminarOnde vai o "solo" en The Weight???