miércoles, 18 de julio de 2012

Fotos


Esta é a única que fixen... e xa de paso recordamos ós amigos que están fora.
(se queredes subir fotos, fixen unha carpeta. Saúde)
Estou intentando subir os videos ao tubo, xa hai un, o dos máis pequechos...
Buscade Mil e Pico Guitarras Carral 2012
Tamén está a de Ses, estou nelo, terei que deixalo toda a tarde a ver se sube...
Non fagades caso ao son, nada que ver coa realidade.
saúde,
coné

lunes, 16 de julio de 2012

Concerto xullo 2012

Boa noite,
como xa ven sendo costume, o amigo Jose (pai de Eloi) facendo como de 5º Beatle na sombra (os da miña quinta xa me entendedes), é dicir, como un membro máis destas mil e pico guitarras, fixo novamente o reportaxe fotográfico e videográfico, vou deixar unha pequena mostra, porque sacou güevo e medio de imaxes, pola miña banda: moitas grazas compañeiro!!! As cervexas telas garantidas...
Hai moitas máis, o que queira copia que avise (os videos non teñen desperdicio)
saúde,
coné











.

domingo, 15 de julio de 2012

Obxectos perdidos: chuletas

Ei un aviso: onte levei da clase sen querer un bo feixe de partituras e chuletas que non son miñas: un par delas de Admirando a condición, un Guitar Rag, un Hawai, unha de Fito e outra dos Ramones.
Vaia botín!!
Non sei de quen son, lévoas esta tarde. Era para que paredes de buscar

viernes, 6 de julio de 2012

Os preparativos...

Xente! Logo dunha breve aventura belgoholandesa, xa estou de volta e argallando os preparativos do concerto. Xa está o concello avisado, os permisos pedidos, o técnico de son encargado (por certo, mañá hai que facer un pequeno rider), o escenario apalabrado (Ares ofreceuse amablamente a montarnos un dos seus remolques) e os convidados especiais (Ares e Manolo na percusión e Sés para cantar con Catu) convocados para os dous próximos ensaios. Mañá -tecnicamente hoxe- en principio vaise pasar Sés a aquelar a versión do seu tema.
Case me olvido do cartel, así que acabo de pillar unha plantilla e fixen un a correr, a ver se vos gusta. Se non, tedes exactamente dez horas (iso si que son prazos razonables eh! sínto...) para falar ou calar para sempre, porque a idea é levalos mañá impresos á clase para repartilos e ilos pegando por aí.
Aí queda o cartel, moi 'a la americana'. Abur!

miércoles, 4 de julio de 2012

Starway To Heaven

Cortopego a mensaxe que me enviou Eloi e subo os arquivos adxuntos.
"Ahí va. De la intro eliminé la parte instrumental (eso solo ya es un minuto) para pasar directamente a la voz, así que empezaría Alfredo... Después corté un par de estrofas por ahí... el solo a la mitad... y el final, que "ya se verá". "


Graciñas, Eloi, e moi bo o apunte do "final",jeje

domingo, 1 de julio de 2012

GOT MY MOJO CAROLINA

Estiven mirando a de Blur e tampouco ten coros ( son feitos con metales ). Pero lembreime dun concerto dos bluesmakers onde se marcaban a carolina e cantaban todos xuntos.....( minuto 23 )

http://www.youtube.com/watch?v=BQe3KxmOB6k