miércoles, 24 de agosto de 2011

Comezamos en setembro??

Ei xente guitarrista!!! Como levades o mono de clases?
Que vos parece comezar xa en setembro. Polo que estiven falando con algúns de vós, a xente prefire comezar canto antes, e como ademais este ano temos un cartel chulísimo para anunciar as clases, unha obra de arte do señor Coné, pois eu xa teño ganas de estrenalos!!
Que vos parece se facemos unha primeira quedada o sábado 17 de setembro, despois das festas, para ir mirando cantos imos ser, como podemos facer os grupos e calcular tamén o tema das cuotas. E para falar de como nos foi o verán e todo iso. E tocarlle unha tamén!!
Por certo, sobre as cuotas xa adianto que se non sumamos uns cantos pupilos novos creo que imos ter que subir cinco euriños as mensualidades, a 30 euros (e 25 para menores de 16)...
Máis nada, vós diredes o que vos parece o de que quedar o 17. Ah! e en calquera caso ídeo comentando por aí, sobre todo entre a chavalada, a ver se nos apuntan máis cativos!!

Entretanto, aí vai o cartelazo de Coné. A desfrutalo!!

viernes, 12 de agosto de 2011

Unha de videos

Acabo de ver isto e non podo por menos que propoñer esta "proposta" como axercicio pra o vindeiro curso, proposta integral e por suposto, no campo da feira ou mesmo na rúa Real da Coruña, hala...
http://www.youtube.com/watch?v=DvrV-Og0cFk&feature=related
Está ben esta outra...
http://www.youtube.com/watch?v=bQyWmaTSzNs&feature=related
Mais sen dúbidas...
http://www.youtube.com/watch?v=qJ4Qn4HGY50&feature=related

haala, hai queda a cousa...
saúde,
coné

jueves, 11 de agosto de 2011

EN CARRAL SE ESTÁN MOSQUEANDO

O teléfono non paraba, non sei se a Fran lle pasou o mesmo, ademais eu que estaba desconectado de prensa e radio non me quedou máis remedio que conectarme pra ver de que ía a guerra, joder como estades os de Carral. LEÑA COÑO!!!
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/08/11/estudio-municipal-grabacion-sigue-cerrado-inauguracion/522568.html