miércoles, 29 de diciembre de 2010

PROPOSTA CONERA ( DO CONE )

*Minor Swing (aproximación, nin de coña facer todalas caralladas que fan os artistas desas cousas pero si unha aproximación máis ou menos digna, asegún lle pareza a Luis que é o que manda)
*I See You In My Dreams (o mesmo, aproximación que non somos o Chet Atkins, pero darlle o noso xeito que carallo...)
*I Shot The Sherif (pois iso, a modo de swing que é o noso, e ademais descansaremos de todalas trosmadas anteriores)
Outra alternativa que me indican dende a casa é Maggie Mae, versión española MClan, tá bieeenn...

Feliciano 2011!!!

Pois iso. E para empezar con forza, nada mellor que este divertido tema.

A traballar!

viernes, 17 de diciembre de 2010

Mañá non hai clase... até o ano!!

O ollo do noso querido Luís segue dándolle a lata, así que sentíndoo moito temos que suspender a clase de mañá. Así, se non hai novidade, a próxima clase será xa no 2011, o día 8 de xaneiro.
Mentres tanto, a seguir practicando!
E recordade que quedamos en cada un de nós propoña unha canción para o repertorio. Eu aínda non teño decicida a miña, pensareino estes días, pero xa aviso de que secundo 100% a idea de Joan: un pouco de grunge maloliente sempre está ben... aí vai o vídeo do tema


Falámonos, escríbomonos e eso... pero de todos os xeitos boas festas!!

viernes, 26 de noviembre de 2010

Aviso urxente.

Xente guitarrista (bueno, e baixista), por motivos de saúde non vou poder ir mañá a clase.
Por outra banda, podedes/debedes asistir a unha masterclass interesante e de balde no seguinte enlace. http://locaisdensaio.blogspot.com/2010/11/masterclass-guitarra-electrica.html Creo que aínda hai prazas.
Vémonos a vindeira semana.
Saúde!

viernes, 12 de noviembre de 2010

O Sister!

Viña no coche escoitando Radio 3 -oh, gran radio tres!-. Botaban 'melodías bizarras', un programa moi curioso de música curiosa. Hoxe tiñan en directo no estudio a un grupo de dixie, swing, jazz vocal e rollo anos 30, moi milepiquero: O Sister! Fun á web e ao seu myspace e din con varios vídeos. Entre eles o do noso querido 'it don't mean a thing'. Mirade que chulo


Vémonos mañá!