sábado, 6 de octubre de 2012

Esquecíame desta outra grandeza, por Dylan mais refírome a estes dous amiguiños.
Pode ser unha proposta deste ano?  OOOUUUU MEEEUU DEEEUSSS!!!...
Moi boas camaradas todos e todas,
este é o tema do que falaba Pi hoxe no comezo de curso
A C O J O N A N T E!!!


Eu pensei que te referías a este outro que a min me encantaba cando veía na serie aos Indian Red facéndose os traxes pra o Mardi Gras

 
saúde e que teñades doces soños nenos e nenas,
coné

martes, 2 de octubre de 2012

The Lost Fingers

Hello xente.
Se por un casual non podedes vir ó fabuloso concerto dos Miki Nervio & The Bluesmakers o venres na Capitol de Santiago polo módico precio de 5€, que sepades que  "The Lost Fingers" estará no teatro Colón de Coruña. (Creo que a entrada ronda os 20 pavos).
Vémonos o sábado!

viernes, 28 de septiembre de 2012

Comezamos!

Xa é oficial, comezamos o curso! A quedada inaugural é o sábado 6 de outubro ás 12:00 en Tabeaio (casa do mestre). Coma sempre, ese día quedaremos todos xuntos a ver cantos somos e todo iso para facer os grupos e os horarios e fixar a cuota (aínda que en principio a idea é manter a do ano pasado: 25 euros para adultos e 20 para menores de 16)
Avisade por aí, se hai novas incorporacións que me chamen ou simplemente que veñan ese día se poden. E os que vos deades por avisados deixade un comentario ou dicídemo, que son sms que aforramos :)
Deixo o carteliño deste ano, que rule tamén. Parece que hai un novo cura na cidade, yeah...

jueves, 20 de septiembre de 2012

Un par de vídeos

A ver, por fin me acordei de poñer os vídeos dos que falei ultimamente:
Primeiro o concerto de Seasick Steve no ultimo Pinkpop. Guitarras feitas con tapacubos, caixas de habanos, cachos de motos... mola!


E agora o documental 'Big Easy Express', sobre a xira que fixeron polos EUA tres grupos medio hippies-bluegrassianos de nomes enrevesados, todos metidos nun tren: Edward Sharpe & The Magnetic Zeros (dos Ángeles), Old Crow Medicine Show (de Nashville) e Mumford & Sons (de Londres). Parecen unha secta de músicos felices. O docu e o musiqueo, e sobre todo as juergas no escenario (nalgún concerto debe de haber 40 persoas tocando a un tempo) molan.
Poño aquí o trailer, pero podedes descargar o docu completo, en versión orixinal, aquí: http://www.1channel.ch/watch-2734394-Big-Easy-Express


Por certo, que din con este docu e con moitos outros grazas ao tremendo Documaniático, que antes tiña un blog pero que agora se move polo Facebook: http://www.facebook.com/pages/Documani%C3%A1tico/101685213237654?ref=ts

E para rematar o sermón, unhas fotiños duns verdadeiros músicos, auténticos bluesmen e blueswomen nunha auténtica taberna roqueira. Hai algún vídeo tamén, pero de momento só se move polo mercado negro...



P.D. Por certo que vos parece inaugurar o curso o 6 de outubro?

viernes, 7 de septiembre de 2012

Concurso Musicallll

A ver nenos e nenas,concursiño ao canto



a quen acerte que canción están tocando istos nachos en Gasteiz prometo premio
A cousa non é dificil, e de seguro que máis dun xa lle da voltas ao tema en cuestión.
Hala a enredar!!!
saúde,
coné

lunes, 3 de septiembre de 2012

 
 


 
Sen desmerecer o tremendo video do Anton, en serio, gostoume moito, iso é proba de que experimentando experimentando chégase a sitios ben curiosos, moi ben neno...
Acó deixo unha moi pequena mostra fotográfica dunha chea de fotos que fixo o compañeiro Jose antes de marchar cara a Estambul, fico agradecido de novo polo chollo feito. Pasareillo a Puskas en canto poda igual que o anterior, pra que suba todo este material ou o que él considere.
Por suposto, moitas grazas a todos e todas polo día de onte, grande encherolada, e guitarrada salvaxe...
Xa o dixo Mungo Jerry :"...In The Summertime (tempo de vran) churururururú"
saúde,
coné