lunes, 30 de diciembre de 2013

DESCULPAS XEFE...

Que non é por amolar, perdoa Luigi...
Ímos ver, estiven dándolle voltas ao Sweet Lorraine, non moitas para non parecer o Mary Allen Carter Puskas, e parece que está nun Sol sexta (G6 para os finolis), o do Robert Crumb & His Cheap Suit Serenaders, e a intro semella ser dunha bandurria desas coma do Xefe, non si?...

 
 
E dúas posibilidades que se poden barallar, con todos os respectos:
 
The Beatles, I Saw Her StandingThere  (versión Bluseira, aínda que ao que canta habería que mándalo ao gulag ou a picar pedra cos dentes aos Urais, mais fixadevos no vello da guitarra de atrás, ten mérito o tipiño)
 
 
 
 
 
Dark End Of The Street - Flying Burrito Brothers  
 
 
 
Ou tamén acó:
 


viernes, 27 de diciembre de 2013

Vacacións

Durante o Nadal paramos o curso 15 días, non haberá clase nin o sábado 28 nin o sábado 4, volvemos o día 11. A desfrutar dos Reis!

domingo, 15 de diciembre de 2013

A quen lle apeteza...

Ben, deixo esta cancionciña que moito me anda na cabeza, chámase Sweet Lorraine e escoiteina nunha peli, non sei se sería Stardust (ou algo así), está no repertorio de Robert Crumb e amighos, mais a que deixo colgada é outra que me apetecía aghora, chamádeme raro...
A estructura é:

Intro + A  A  B  A   Disque orixinalmente está no ton de F maior con modulación de Bb maior. Vaia vostede a saber que demos é íso!!!

Por certo, tablatura agochada, veña a ver quen é o ghuapo ou ghuapa que a baixa...

domingo, 8 de diciembre de 2013

CLASE 7/12/2013 " TINOS EDITION"

Ola .
         Colgo a foto do " IT'S A SIN TO TELL.." do sábado cos acordes de 6ª y a progresión 6ª / 7ª na parte de C6 a A7.  Tamén deixo na seccion arquivos un PDF coa TAB da primeira parte de JESSICA. Está sin revisar por MR Tinaquero, pero creo que non variará moito. O TAB esta hasta que empeza o solo de Piano. Esta copiado da trascripcion de un sueco y xa se sabe que esa xente e moi rigurosa...

Saúde.


viernes, 6 de diciembre de 2013

Tom Waits e Ataque Escampe

Ei guitarristas aí van os dous temiñas dos que vos falei o outro día, os dous preciosos ao meu entender e sentir:

TOM WAITS - Ol' 55


Aquí igual molaba convertir o piano nunha guitarra curiosa, ou a falta de Marina se cadra anímase Puscas

ATAQUE ESCAMPE - A Vitoria


Nesta vai haber que orellear, seica está en Mi

A ver se vos molan. Saúdos, ata mañá!
Pi