miércoles, 30 de enero de 2013
jueves, 24 de enero de 2013
Un par de curiosidades...
Ei xente. Aí van un par de cousas curiosas coas que vou dando nas miñas sesións de interneting.
Para comezar, unha carta, si, esas que se escribían nun papel, á man ou a máquina, e se metían nun sobre e viaxaban de man en man polo mundo adiante dunha porta até outra... Esta escribuna David Bowie ao seu produtor despois do seu primeiro éxito. Mola

Saqueina dunha web que tamén mola, Letters of Note, onde van poñendo cartas de famosos de todos os tempos. Teñen outra moi chula de Keith Richards falando de Mick Jagger ao pouco de coñecelo, e unha que lle mandou Neil Young á MTV por censurar un vídeo seu e...
A continuación, unha foto moi graciosa dun banjista...
...e outra con historia: unha foto de grupo de músicos de jazz en Harlem no 1958. O que mola é que na web www.harlem.org podes identificar un a un a todos os que saen, coñecer a súa bio, escoitar a súa música, etc. Por aí andan o Thelonius Monk, Count Basie, Sonny Rollins...
As dúas imaxes vía Retronaut, un sitio de cousas vellas. Teñen moitas cousas de música, como esta foto de Jimmy Hendrix xogando ao fútbol con Bob Marley.
E para rematar, un enlace para enredar con guitarras virtuais, loops de riguitón e paridas varias: Buttonbeats. Ala chao, xa quedei más a gusto que un arbusto!
martes, 8 de enero de 2013
Recording King
Ola rapaces. O meu amigo Néstor mercou hai pouco esta guitarra en Thomann. É unha Recording King (solid AA grade sitka spruce top )http://www.thomann.de/es/recording_king_ros_16.htm.
Está mooooooooi ben. Hai outros modelos máis caros, non sei se mellores.
Está mooooooooi ben. Hai outros modelos máis caros, non sei se mellores.
martes, 1 de enero de 2013
O grande Rick...
Ben,
a xeito de postaliña de Nadal pero máis á nosa maneira e a pesares de que alguén me chame velloco, vai video do grande Rick Danko con esta fermosa canción, desfrutade e a voltar fortes, alegres e combativos, hai moita trincheira que cavar...
Que teñamos todos e todas un bo ano
saúde,
coné

Suscribirse a:
Entradas (Atom)