lunes, 19 de diciembre de 2011

Blues de aqui

Seria posible aprender esta cancionciña de blues na clase??
Se non, él ten algunha mais tamen moi chula

http://www.blogger.com/img/blank.gif

http://www.youtube.com/watch?v=M0xJ6dihyyA

viernes, 9 de diciembre de 2011

FUNUNCAN - Blue Henri (blue bossa)


Ei moi boas. Aí vos deixo Blue Henri, a versión limiñoniana ou fununcaniana da blue bossa, dedicada ao noso can Henri, que moitos de vós xa coñecedes. A letra fixémola un día con dani e con iván, son unha chea de xuramentos, e aínda faltan máis, pero todos con moito cariño... Se vos gusta o tema, pasádevoso polo myspace de Fununcan: www.myspace.com/fununcan ou polo blog de Henrícolas, aí hai só versións: henricolas.blogspot.com En breve teremos lista a segunda maquetiña de Fununcan (xa houbo unha en 2010!), xa vola levarei á clase


Saúde!

jueves, 8 de diciembre de 2011

Moi boas,
como o que promete comprométese, deixei colgado no sites unha carpeta nova chamada algo asi coma Repaso de Apuntes (Outubro/Novembro), pode ser que teña a hostia de erros, pero aí as deixo pra que mos corrixades se fai falla...
Mentres, déixovos outra fermosa canción das de sempre.

martes, 6 de diciembre de 2011

Quen dixo que non había máis Blus co do Mississippi? Na Irlanda tamén hai unha boa plantación...
Non sei se eran as pintas de Guinnes ou os litros de Sen Jaiteiros que o facían voar, mais de sempre me gostou este pequeno gran blus...

viernes, 2 de diciembre de 2011

Próximos concertos

-Hoxe á noite.:23h no Pub Retro (rua Orzán) The Dixieland Stompers con Marian Ledesma
- Domingo 4: 12:30 No Museo Fenosa (Macuf) (Rotonda da Grela) Concerto para nenos de música animada de The Dixieland Stompers
-Sábado 10: 18h Cervecería A FRanxa (rua da Franxa) Miki Nervio & The Bluesmakers